3.11.11

Boiro: o venres 4 e o sábado 5, festival "Acción", coa presenza destacada do debate de Ámbar

Cartel_accion2011

  • AMBAR invita a debater sobre emprego para persoas con diversidade funcional

Media_httpfarm5static_bpgyi

O ano pasado Ámbar incidira na autonomía persoal


Boiro, 3 de novembro de 2011. A ASOCIACIÓN AMBAR súmase á petición dunha nova Lei de Inclusión Laboral das Persoas con Discapacidade, que sente unhas bases renovadas para conseguir a máxima empregabilidade e activación deste sector da poboación.

 

Cunha taxa de emprego do 25 por cento fronte á taxa xeral que alcanza o 60 por cento, as persoas con diversidade funcional necesitan dispor dunha normativa forte que regule e fomente o emprego, máis aínda nunha época de crise económica na que sempre son os colectivos máis vulnerables os que máis se ven afectados.

 

“O emprego para unha persoa con diversidade funcional significa moito máis que unha fonte de ingresos, é unha vía de acceso a un nivel de vida digno, visibiliza e serve ó recoñecemento social e é un factor de inclusión real mediante as relacións sociais e persoais”, destaca a presidenta de AMBAR, Milagres Rey.

 

VIDEOFORUM EN BOIRO

Desde AMBAR considérase imprescindible o desenvolvemento de programas de formación profesional ocupacional e continua, e cualificar para o traballo; potenciar o emprego desde as administracións públicas como acción pedagóxica e factor de visibilización e normalización.

Por iso, no marco do festival audiovisual de Boiro, celébrase o videofórum NADA SOBRE NÓS SEN NÓS, no que se proxectará a obra de realización propia “7 historias para 4 alcaldes”, na que se recollen as experiencias de sete persoas con diversidade que desempeñaron traballos en centros públicos da comarca, así como as impresións dos seus compañeiros de traballo e familiares. Tras a proxección abrirase un coloquio sobre o binomio persoa con diversidade - emprego.

 

Segundo Milagres Rey, “Se se respecta a cota de reserva de emprego do 2% nas empresas de 50 ou máis traballadores, que a pesar de que foi aprobada fai 28 anos aínda incumpren dúas de cada tres empresas, a inclusión laboral sería moito máis notable”.

 

Por último, “desde AMBAR crese que o traballo en rede con outras entidades e empresas tamén son liñas de acción que poderán producir bos resultados”, conclúe Milagres.

 

A asociación AMBAR convida a toda a cidadanía a participar neste evento que terá lugar mañá venres  4 de novembro ás 20:00h.  no Centro Social de Boiro.


Que é "Acción"?

É un festival que se desenvolve no Centro Social de Boiro e acubilla sesións de cinema social e xuvenil

Cando? 4 e 5 de novembro
Hora? os dous días comeza ás 20 horas
Lugar? Centro Social de Boiro

Este ano colaboran no festival: Asociación Ambar, A Creba, Borobó, Certame Olloboi, Expopress e Anestesia films.

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical