3.11.11

A Pobra: Valle e Martí foron homenaxeados con ofrendas florais en Boisaca e o camposanto do Caramiñal

A Pobra, 3 de novembro de 2011. Para cumprir coa tradición de tódolos anos, unha vez máis, o primeiro de novembro, volveron ter lugar as ofrendas florais ante as sepulturas de Valle-Inclán e Victoriano García Martí. Desde a Pobra desprazáronse ó camposanto de Boisaca en Santiago de Compostela, unha delegación representativa do Concello pobrense e a Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán para depositar ante a tumba do escritor unha coroa de loureiro e un ramo de flores co concelleiro de Turismo, Jesús Dieste Buceta, representando ó concello e Paola García Paz á fronte da asociación acompañada por outros membros da mesma.

No cemiterio da parroquia de O Caramiñal, foi o tenente alcalde, Manuel Fontao, acompañado de varios concelleiros, o que depositou unha coroa ante a sepultura de Victoriano García Martí.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical