25.11.11

Ribeira: a coral polifónica actúa na entrega do Grelo de Ouro ao presidente de Frinsa este sábado 26 en Santiago


Enrique Paisal dirixe a Polifónica ribeirense. Este músico é xa un clásico, pois foi un dos fundadores dos míticos Los Tamara, de Noia

Ribeira, 25 de novembro de 2011. A Coral Polifónica Municipal de Ribeira actuará mañá sábado, 26 de novembro, en Santiago de Compostela no marco da XXV edición do Grelo de Ouro que recaerá no presidente de Frinsa, Ramiro Carregal Rey. 

A formación que dirixe Enrique Paisal  desenvolverá un programa composto polos temas La Sirena (de orixe popular), Libertad (de Giuseppe Verdi), o Himno de Ribeira (con música de Enrique Paisal e letra de Manuel Ramallo) e o Himno Galego. 

A celebración terá  lugar ao mediodía no paraninfo da Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

O Grelo de Ouro é unha distinción que entrega a Fundación Amigos de Galicia, integrada por hostaleiros e recoñecidos "gastrónomos" como Luis Rial. Máis información sobre o desenvolvemento do acto en http://www.fundacionamigosdegalicia.org

Relacionadas:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical