25.11.11

Ribeira: medio millón de euros para humanizar parroquias con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación

  • Actuacións en Aguiño e Carreira, ademais do POS complementario en Castiñeiras e Corrubedo


Corrubedo

Ribeira, 25 de novembro de 2011.- O Concello asegurou hoxe que vai seguir apostando pola realización de actuacións que redunden na humanización das parroquias a través do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais (comunmente coñecido como POS), que será sometido á aprobación da Corporación no pleno do vindeiro luns. 

O POS 2012 ascende a un total de 481.218,50, dos cales 447.134,47 euros son aportados pola Deputación Provincial da Coruña e 34.084,03 euros polo Concello. No denominado POS principal inclúense as seguintes obras: pavimentación e renovación de servizos na rúa Vionta de Aguiño e renovación de servizos e pavimentación de camiños no lugar de Outeiro, en Carreira . Por outra parte, o POS complementario prevé actuacións nas parroquias de Castiñeiras (pavimentación e renovación de servizos na rúa da Concha e transversal) e Corrubedo (pavimentación, saneamento e pluviais nun tramo da rúa Torreiro e da rúa Fontenova). 

Aguiño

No que respecta á  actuación localizada en Aguiño, a rúa Vionta é unha das vías máis céntricas da parroquia. A día de hoxe, a súa calzada está feita en aglomerado asfáltico e conta con dous carrís, aínda que un adoita estar ocupado por vehículos estacionados en liña. Non existe beirarrúa en toda a lonxitude da vía, apreciándose unicamente algún tramo curto con formigón e baldosa hidráulica nos seus extremos e no resto só un bordillo de formigón que delimita un espazo para o tránsito peonil de ancho moi reducido e sen pavimentar. 

O obxectivo fundamental do proxecto é a reordenación da rúa Vionta que xeito que os peóns poidan transitar por ela de forma cómoda e segura, sen que teñan que circular pola calzada conxuntamente cos vehículos. Ademais, se pretende establecer unha banda diferenciada para aparcamentos en liña, co que a circulación será máis fluída. 

Por todo isto, vaise implantar un único sentido de circulación, dispoñendo un carril de circulación de 3,75 metros de anchura mínima e unha banda de aparcamentos en liña de 2,25 metros. Por cada marxe da rúa e ao longo da mesma, disporase unha beirrarrúa. 

En canto á renovación  do saneamento, no apartado de abastecemento eliminarase a tubaxe existente de fibrocemento que será suplantada por dous liñas de auga potable (unha debaixo de cada beirarrúa) formadas por tubaxes de polietileno de alta densidade. Instalarase unha nova liña de saneamento formada por 284 metros de colector de PVC liso e 6 metros de tubaxe de fundición dúctil. E disporase unha rede de pluviais formada por colectores de PVC corrugado de 295 metros de lonxitude. 

Ademais, substituirase toda a rede aérea de alumeado por canalización soterrada para lograr un menor impacto visual e cada 25 metros se situará un punto de luz. Tamén de colocarán alcorques e bancos de madeira tratada. 

O orzamento da obra ascende a 240.290,57 euros e o prazo de execución son 5 meses. 

Carreira

Polo que respecta á  actuación programada para Carreira, o lugar de Outeiro está formado por un conxunto de camiños de trazado irregular, cun pavimento feito de formigón no que se observan danos importantes. Ademais, a rede de abastecemento é de fibrocemento e non hai separación de fecais e pluviais. 

Así e logo, no apartado de abastecemento de auga, a tubaxe existente será remplazada por outra de polietileno de alta densidade. Ademais, disporase un colector de PVC liso para saneamento de fecais e outro de PVC corrugado para pluviais. As luminarias existentes serán substituídas por outras novas den lámpadas de 150 watios. 

A zona será pavimentada cunha capa de formigón na que se disporá transversalmente cada certa distancia unha banda de adoquín de granito. 

O custo da actuación  é de 143.802 euros e o prazo de execución de 3 meses. 

POS complementario

A pavimentación e renovación de servizos na rúa da Concha e transversal (ambas situadas no núcleo urbano de Castiñeiras) prevista no POS complementario  ten un orzamento de 161.342,24 euros e un prazo de execución de catro meses. Remplazarase a tubaxe de fibrocemento existente por outra de polietileno e disporase un colector de PVC liso para fecais e varios de PVC corrugado para pluviais. As vías serán pavimentadas con lousas de granito combinadas con adoquíns de granito para harmonizar co entorno. 

No que atinxe á  pavimentación, saneamento e pluviais nun tramo da rúa Torreiro e da rúa Fontenova (situadas nas inmediacións da zona portuaria), o orzamento é de 118.036,14 euros e o prazo de tres meses. Para saneamentos fecais disporanse colectores de PVC compacto e para pluviais, de PVC corrugado. Pavimentarase con lousas e adoquíns de granito de forma harmónica coas vías colindantes.

Pode que tamén lle interese:





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical