Ribeira, 28 de novembro de 2011. O pasado venres, 25 de novembro, entregouse na Estrada (Pontevedra) o premio "García Barros" de novela, que recolleu o ribeirense Antonio Piñeiro. Alí mesmo se fixo a presentación do libro, que vén de saír do prelo da man da Editorial Galaxia.
De que vai "As Fiandeiras"?
A historia acontece no romántico século XIX. No interior rural galego un grupo de mulleres loitan pola súa prosperidade, por sacar adiante o seu propio negocio rebelándose contra as tenazas do sistema, nun acto valeroso sobre o que vai pivotar o triángulo afectivo de tres delas. Un triángulo sutil, feminino e intenso ata o punto de que, pese ao que sería lóxico esperar dos acontecementos, non remata en decepción, senón que se convirte no principal vehículo que o recordo usa para achegar á protagonista á súa propia identidade.
Conducida polo fío do mito grego, a novela é unha revisión, traída ao escenario galego do romántico clima da revolta, do uniforme, da pólvora, da aventura insurreccional e cantonal, no século XIX, da fábula de Aracne: o reto entre a mortal e a deusa por ver quen tece o mellor tapiz, provocando que a envexa da deusa condene á mortal Aracne a tecer para sempre, convertida en araña. No caso das fiandeiras son os tules, os finos veos con destino á corsetería, lencería e roupa interior feminina das damas podentes da capital, o motivo para poñer en marcha a maquinaria coactiva e inquisitorial do poder. Quen é Antonio Piñeiro?
Premio: Antonio Piñeiro gaña o certame "Antón Avilés"
Premio: Piñeiro recolleu o "Ángel Urrutia" de poesía en Lekunberri
Entrevista: Antonio Piñeiro edita libros que son en si mesmos obras de arte, na Colección Bourel. Máis
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario