Este artigo non é para calquera: deberían absterse de lelo os que no
estean dispostos a coñecer outros puntos de vista sexan do nivel
cultural que sexan (escribo para todos). Coido ter certo grao de coñecemento e autonomía e estar en condicións
para analiza-lo ano que remata agora, non todo o que pasou, senón os
eventos de máis notoriedade. Deixo moitos, e fareino de xeito personal
e non sen autocrítica. Nos últimos meses vinme enleado en distintas cuestións, todas arredor
da arte, arquitectura, escultura e crítica relacionadas con Ribeira.
Non posúo a verdade absoluta, pero coido que me vou achegando a ela,
por coñecer ou padecer a súas ramificacións. E por outra banda se ninguén se atreve, eu si, e dou este paso, que
sei que me traerá algún problema no futuro coas mentes ben pensantes
de pouca autonomía. Unha vez xustificadas as motivacións, e grazas ao convite deste
xornal, teríamos que responder unha pregunta: Camiña Ribeira cara ao
século XXI? Esa é gran pregunta logo de dez anos metidos nel: temos un
nivel para dicilo e amosalo ou simplemente nos movemos por inercia? Nalgúns aspectos parecemos do século XIX, noutros non, hai exemplos
dun paseniño avance e sempre por iniciativas individuais, pois os
nosos políticos, polo de agora, non se poden gabar de innovación
algunha ou de estar preparados para levar a cabo a dinamización
cultural que unha capital comarcal como a nosa merece (alta cultura).
Só pode vir dunha grande autocrítica:camiñamos, pero a onde? Polo de agora só vou analizar os temas que máis destacan da
actualidade que son: Chipperfield, si ou non?; a nova lonxa de César
Portela, as sempre presentes Ramiradas e algúns exemplos de iniciativa
particular, tres para ser exactos: a proposta en Facebook dunha nova
escultura nunha rotonda aínda sen apoio ningún pois a proposta ao meu
entender é carente de orixinalidade e creatividade que agardo se
mellore, valorable que se propoña de xeito popular e que se debería
facer por concurso público, unha exposición en Nova Iorque comisariada
por Goretti Bello na que participamos tres de Ribeira que está a
celebrarse neste mesmo intre que estou a escribir, e segundo eles con
moito éxito; e, a máis sinalar, unha intervención escultórica feita
con dólmenes pequenos dunha rapaza madrileña chamada Ruth Montiel
dotada de grande encanto e delicadeza que me lembrou as pezas que
facían os representantes do land-art inglés, mesturada coa maxia das
cidades en miniatura do valenciano Miquel Navarro, e todo cunha posta
en escea renovada, delicada e con algo moito máis salientable: un
compromiso coa defensa da natureza.
A salientar tamén o labor en Ribeira do Ateneo Valle-Inclán, no cal
aínda non se preocuparon pola plástica pero merecen o meu apoio, moi
encomiable, aínda que o premio eu repartiríao con Flor de Toxo por ser
novos e sen medios e porque polo de agora só os frea a falla de
cartos. AS RAMIRADAS Non sabemos se o fai por desgravar de Facenda e adquirir notoriedade
ou por que nos quere (hai amores que matan), e se facelo a base de
talonario fai que sexas o personaxe cultural do ano é un síntoma do
que diciamos antes: a cuestión de que a alta cultura esta aínda moi
lonxe. Non temos na Centenaria ese mecenas que poderiamos e
mereceriamos ter, un mecenas na procura de consello, e non fiscal
senón cultural e de futuro. Este home só nos agasalla cun duplicado,
que compraría en moi boas condicións, pola falta de exclusividade e
seguramente sometido ás diferentes ofertas e contraofertas (e, se non
foi así, deixouse enganar). Todo isto sen entrar en valoracións
estéticas sobor da escultura da praza de España, xa que eu como
escultor non debo criticar a obra doutro escultor en público pero
coido que si debo criticar ao promotor, quen debería buscar mellor
consello xa que aquí, aínda que sexamos poucos, algúns temos
suficiente formación para darnos conta do que está a pasar na
realidade . Por outra banda, tamén promoverá un premio de gravado e levará o seu
nome en Artes, ese museo que está aí, e que ninguén vai visitar. É
unha magoa, e que axiña seguro presidirá iste home, que se tivese
mellor gusto e asesoramento (non se pode ter todo ou acaparalo todo)
podería ser un mecenas auténtico e admirable, que é o que el pretende
mais non procura, e como xa dixen: polo de agora, para min é un mero
desgravador de Facenda e oxalá cambie algún día, pero para iso tería
que ser máis autocrítico. SI OU NON A CHIPPERFIELD Unha importante decisión para o primeiro edil, que agora arrefriouse
pola falla de empurre e non que terá que esforzarse para facerse
comprender nuha crise económica tan fonda. Éste, polo de agora, só
herdou do alcalde anterior certos proxectos, e terá que ir facendo os
seus e non só deixarse levar pola inercia, senón ir na procura desa
alta cultura que algúns demandamos porque sabemos que existe e a
merecemos, porque posuímos criterio e podemos amosar o camiño. O
famoso arquitecto inglés disque está disposto a facelo baixando o seu
caché, pero tamén tería que aclarar: que é o quere facer? E de onde
sacarán os cartos? Deixará que simplemente lle botemos un ollo antes e opinar? Por favor
que non nolo impoñan e que sexa transparente, a súa categoría paga a
pena, é un profesional de moi recoñecido prestixio internacionai ao
que eu apoiaría sen condicións. De feito xa o fago, como moitos, e que
se a crise da dimisión de Berlusconi en Italia non empeora, será
escollido director da Bienal de Venecia, un cargo que o dignifica ante
calquera dúbida nesta vila centenaria. A LONXA DE CÉSAR PORTELA : Polas imaxes que está a distribuír Acciona parece un macro-proxecto
que dotará a Ribeira da lonxa máis moderna de Europa, e, se me apuran,
do mundo-mundial. A categoría do autor non se discute, aínda con
proxectos polémicos como un cemiterio en Fisterra (sen inaugurar pero
desexado) e con grandes acertos e mencións internacionais incluído
onde W. Gropius puxo a semente da mellor e máis influinte escola de
arquitectura do século XX e ben seguro será un fermoso edificio.
Agardo que non sexa de titanio para as gaivotas e súas deposicións,
que afearían de súpeto e de seguro un proxecto tan rechamante. As
únicas pegas que lle vexo son a rixidez arquitectónica (un edificio na
beira do mar debería abrirse a el de moitos xeitos), e tamén que
converterá aos subhastadores en pantallas Led electrónicas. Isto
paréceme máis propio de Wall Street que da cotización da maragota e o
muxo para escabeche, e co pouco peixe que queda polas proximidades
terán que traelo de fóra ou centralizar a venda do peixe de toda a
comarca, cousa que non lle gustará a ningunha das lonxas veciñas. Dende logo os dous arquitectos posúen un talento inmellorable e de
seguro que nos van abraiar e situar nese ambicionado século XXI. A
falta dunha, teremos dúas catedrais, dous símbolos de modernidade e,
que pasará co resto? Manterase no pasado, ficarán as cortas miras que
valoraban as enxebradas e o sometimento á especulación vertical que
nos preceden, teriamos que ter dúas ligas. Unha Primeira coidada e de
valor demostrable e unha Rexional ou Local para as asociacións con
intencións veciñais, non menos importantes pero cada unha no seu e sen
forzar a comparanza. ALTA CULTURA E unha mateira pendente: animo dende aquí ao alcalde a coller as
rendas dunha política de alta cultura, a apostar polo que perdura e
polo que paga a pena, a deixar atrás a pandereita e o cesto, a
liberarse de presións e forzas que non levan a ningures ou algo peor:
ficar onde estabas, sen avance ningún, ancorado, petrificado,
fosilizado .

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario