A Pobra, 12 de decembro de 2011. O pasado venres, 9 de decembro, na Praza do Emigrante, tivo lugar a inauguración do xa tradicional Belén pobrense e a iluminación de Nadal que durante as vindeiras semanas darán un colorido especial ás rúas da vila. Numerosos foron os veciños que se achegaron ata a céntrica praza para admirar a montaxe do Nadal deste 2011 e acompañar ó alcalde, Isaac Maceiras Rivas, neste momento.
Non faltaron os nenos buscando as figuras dos Reis Magos, os curiosos que trataban de atopar o inevitable caganet e os comentarios sobre a orixinalidade da posta en escea deste ano que, unha vez máis, non deixou indiferente a ninguén.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario