O alcalde, Manuel Ruiz Rivas, na compaña do concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño de Bricio e mais a responsable de Servizos Sociais, María Francisca Vidal Regueira, agradeceron o enorme traballo desinteresado que realizan estas mulleres e homes na súa entrega aos demais.
O alcalde fixo fincapé, durante a súa intervención, na importancia maiúscula que o labor altruísta deste voluntariado adquire en tempos de crise. Explicou que pode que haxa menos recursos, pero as necesidades existen, e traballarase na eliminación do superfluo, na austeridade como norma, pero desde o Concello de Ribeira non se deixarán sen cubrir labores fundamentais como os que se realizan desde o departamento de Servizos Sociais. Como mostra disto nomeou o alcalde a entrega de dúas vivendas a colectivos con diversidade funcional como Ámbar e mais Amicos, e a cesión dun local á asociación A Creba. Na procura de que non diminúan os recursos estase xa a traballar no Plan Concertado coa Deputación da Coruña que dará os seus froitos no 2012.
Xantar especial o Día de Nadal
O concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño de Bricio, agradeceu o traballo das voluntarias e voluntarios e salientou tamén o labor desinteresado de colectivos, como o empresarial, que toman iniciativas de apoio aos máis necesitados e anunciou que o día 25 de decembro, coa colaboración da empresa Cámping A Cascada, haberá un xantar especial de Nadal para os máis desfavorecidos.
Algunhas das accións nas que traballaron estas mulleres e homes que forman parte do “Grupo de voluntariado local” ao longo de 2011 foron a colaboración no taller de reforzo cultural para mulleres inmigrantes durante. O apoio no programa de aprendizaxe e reforzo do idioma español a inmigrantes no concello de ribeira, e labores de tradución e mediación con familias inmigrantes, de tres persoas voluntarias inmigrantes. O acompañamento con enfermos no hospital comarcal; acompañamento para a realización de xestións e actividades de animación na residencia do maior en Ribeira.
O apoio no servizo de axuda no fogar municipal. O acompañamento e colaboración no programa de intervención familiar. A colaboración con outras asociacións ACCE, Asoc. Galega de ataxias... A colaboración co programa de reforzo educativo en parroquias, desenvolvido por 6 voluntarias e 100 persoas beneficiarias. Accións de captación de voluntariado, coordinación e dirección do programa municipal a través da responsable do programa...
Este sen fin de actividades desenvolvidas polo grupo de voluntariado local formado por 35 persoas durante o ano 2011, son un complemento importantísimo para o desenvolvemento de todos os proxectos que se enmarcan nos servizos sociais comunitarios de Ribeira, así como para os equipamentos comunitarios do noso Concello como é o hospital comarcal, a residencia do maiores o centro de día de Alzehimer.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario