8.12.11

Ribeira: Flor de Toxo inaugurará oficialmente a pista de herba artificial da Casa da Xuventude o 6 e 7 de xaneiro

Cartel_3x3

  • O prazo para anotarse vai ata o día que sae "La Vos de Jalisia" dorneira, ou sexa, o 28 de decembro
  • Hai que destacar o novidoso do torneo, por ser o único 3x3 de fútbol da comarca, realizarse en herba artificial e alongarse ata altas horas da madrugada.
Ribeira, 8 de decembro de 2011. A Asociación Xuvenil e Cultural Flor de Toxo, de Ribeira, organiza unha nova actividade que bautiza baixo o nome de 3x3 de Fútbol "A Ras de Chan". Terá lugar durante os días 6 e 7 de xaneiro, na pista de herba artificial da Casa da Xuventude (actualmente en construción) polo que con esta actividade inaugurarase oficialmente. Está dirixida ás categorías xuvenil, senior e veterán. O prezo de inscrición é de 15€ por equipo, o que fai que cada xogador estará debidamente asegurado contra lesións e accidentes que poida sofrir.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 28 de decembro, e poden facelo no correo electronico asociacionflordetoxo@gmail.com  ou no telf 669 999 302, existe un número de prazas limitadas.

O torneo realizarase en modo de fase previa (grupos) e logo por eliminatorias. Dan comezo os partidos de xuvenís na mañá do venres 6, os senior e veteráns darán comezo contra a noitiña dese mesmo día para non interromper as súas obrigas laborais e xóganse durante todo o día do sábado 7 as fases eliminatorias e finais.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical