Ribeira, 8 de decembro de 2011.- As tres asociacións de persoas con diversidade funcional radicadas no municipio de Ribeira –Ambar, Amicos e A Creba- quixeron implicarse activamente na decoración nadaleña da cidade capital da Barbanza, e tanto é así que ao longo da mañá de onte, e despois de que na noite pasada tivera lugar o acendido oficial da iluminación de Nadal, membros pertencentes a estes tres colectivos, coa asistencia de Protección Civil, estiveron a adornar boa parte do centro urbano de Santa Uxía.
Concretamente, a Asociación Ámbar ocúpase de adornar o tramo comprendido entre a rúa Ramón y Cajal (o chamado callejón de Sinda) e a praza de Compostela. O colectivo de Amicos faino dende a rúa Santa Uxía ata a praza de España (pasando pola rúa Galicia); mentres que A Creba tomou cargo da decoración da fachada do Malecón.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario