A delegada territorial da Xunta e o alcalde de Porto do Son asinaron a acta de conformidade da axuda destinada a estas melloras, con máis de 127.000 euros aportados polo Fondo de Compensación Ambiental
O proxecto consistiu na modificación das instalacións da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) e no acondicionamento do depósito regulador
A Coruña, 8 de decembro de 2011.- A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, e o alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, asinaron o documento de conformidade para a concesión da subvención destinada á realización de varias actuacións para a mellora do sistema de abastecemento de auga do municipio, co fin de evitar problemas de subministro nas épocas de maior incremento da poboación.
Os traballos foron financiados integramente polo Goberno galego, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Do Campo comprobou o resultado das obras, para as que o Executivo autonómico aportou 127.421 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental.
O proxecto consistiu na modificación das instalacións da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) e no acondicionamento do depósito regulador. Para iso, levouse a cabo a instalación de tres grupos motobombas, substituíndo os existentes, como aceleradores do caudal afluente do depósito regulador da auga bruta. Ademais, acometéronse labores de mantemento do depósito, coa renovación de filtros e válvulas en mal estado.
Do Campo destacou o apoio do Goberno autonómico aos Concellos e, no caso de Porto do Son, agradeceu a colaboración do rexedor, que permitiu levar a cabo diversos proxectos para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas. A delegada territorial expresou a súa disposición a manter “todo o diálogo e cooperación” co Executivo local para seguir incrementando o benestar dos cidadáns.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario