- “Vacacións en Paz” é un programa de acollimento familiar temporal que se presenta nun marco de axuda desinteresada co fin de propiciar unha estancia agradable e humanamente ricas aos nenos e nenas saharauis.
- Trátase de ofrecerlles a estas nenas e nenos nados no medio dun clima de guerra e sometidos ás suas dúbidas, unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa, non só na súa formación, senón tamén, en mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos galego e saharaui.
- O prazo para que se anoten as familias acolledoras finaliza o venres 3 de febreiro. Precísanse sete unidades familiares.
O 31 de agosto do ano pasado despediuse aos saharauis acollidos nesa quenda
Noia, 13 de xaneiro de 2012. Estes nenos naceron nos campamentos de refuxiados saharauis situados desde hai máis de 36 anos na zona da Hamada alxeriana en Tindouf, perto da fronteira alxeriano-saharaui; ou sexa, son fillos dos saharauis que abandonaron os seus fogares ante a represión, invasión e ocupación ilegal por parte de Marrocos do territorio do antigo Sáhara español, en 1975. A vida destes nenos nados no exilio transcorre nas mesmas circunstancias como o resto da poboación saharaui, privada do máis elemental e sobrevive dificilmente grazas á axuda internacional.
O Concello de Noia, a través da Concellería de Servizos Sociais Igualdade e Benestar dirixida por Sofía Caamaño (BNG), que se vén solidarizando desde hai moito co pobo saharaui, este ano decidiu unha vez máis acollerse ao programa “Vacacións en Paz”, a través da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Para isto, sufragará os gastos de transporte aéreo de 7 nenos e nenas e outros aspectos inherentes á realización do programa.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario