- As bandeiras institucionais están dende onte e ata mañá (tres xornadas) a media hasta
Homenaxe ás xentes do mar, conxunto escultórico que preside o parque do auditorio de Rianxo e feita polo escultor Francisco Escudero sobre unha idea de Isaac Díaz Pardo
Declaración Institucional no pasamento de D. ISAAC DÍAZ PARDO Fillo adoptivo de Rianxo
6 xaneiro 2012
no pasamento de D. ISAAC DÍAZ PARDO Fillo adoptivo de Rianxo (nomeado en sesión plenaria do 8/11/2008).
ISAAC DÍAZ PARDO amosouse durante toda a súa vida, e tamén no seu polifacético labor e amplo quefacer, como pequeno motor de grandes cousas e causas, en palabras de Rafael Dieste. Sempre unha adicación intensa e entregada, tamén animosa e xovial, sempre marcada polo seu compromiso con Galicia.
Non será fácil refacernos de tan lamentable perda pois tanto a simpatía e compromiso que lle eran propios, como as abondosas mostras de amizade con que nos agasallaba, serán difícilmente reemplazábeis.
Permaneza, pois, ainda que sexa cativo consolo, a lembranza da entrega reseñada e o exemplo do bo facer e compromiso cos seus, con Galicia e con Rianxo. Que o seu modo de traballar, a súa fortaleza física e de espíritu, e o conxunto do seu legado, sexan permanente luz inspiradora do noso traballo de agora en diante.
Esta Corporación Municipal, quere manifestar, no seu nome e no de todos os rianxeiros e rianxeiras, a máis fonda condolencia á familia, así como aos seus moitos e queridos amigos e, en definitiva, a todas aquelas persoas que, coñecéndoo en vida, garden sentida memoria polo seu pasamento.
Asímesmo e, como pública manifestación de dor, esta Corporación Municipal dispuxo as bandeiras do Concello a media hasta durante tres xornadas e publica esta declaración institucional.
Antes, en Certo:
- Cultura galega: morre Isaac Díaz Pardo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario