- Eran coñecidos como Suco I e Suco II e militaron no Barça, no Dépor e no Celta, entre outros clubs de Primeira División
Ribeira, 26 de xaneiro de 2011.- A Pista Multideporte que se está a rematar na parte traseira da Casa da Xuventude de Ribeira recibirá o nome de ‘Irmáns Parada Alvite’, en homenaxe aos míticos futbolistas Suco I e Suco II.
Así llo transmitiu o alcalde Manuel Ruiz Rivas aos irmáns Andrés e José Manuel Parada Alvite, os cales aceptaron esta proposta, coa que o Concello pretende distinguir a traxectoria deportiva dos irmáns máis sobresaíntes da historia deportiva de Ribeira, con permiso dos González Pérez -José Ramón e Fran- aos que tamén se quere homenaxear no futuro.
A Concellería de Deportes xa está a traballar nos actos preparativos da inauguración da pista, que incluirán un partido entre dous equipos locais e contarán coa presenza dos irmáns homenaxeados e dos González Pérez.
Cunhas dimensións de 14x28 metros, a pista ten un pavimento de céspede sintético e alta durabilidade, cun peche de aceiro galvanizado e madeira tratada para soportar as inclemencias meteorolóxicas.
A instalación é apta para practicar deportes como o fútbol, o baloncesto, o balonmán, o voleibol e, por regra xeral, todos aqueles que non danen a superficie.
Traxectorias
Andrés Parada Alvite, Suco I, foi un dos mellores extremos que dou o fútbol galego. Saído da canteira do Atlético Riveira, foi fichado polo Racing de Ferrol e as súas brillantes actuacións o levaron con 20 anos ás filas do FC Barcelona, onde xogaría dúas tempadas. Posteriormente militou no Racing de Santander e Valencia CF, para acabar a súa carreira no Deportivo da Coruña. Nos seus equipos compartiu vestiarios con outros mitos galegos como o bota de ouro Luis Suárez e Marcelino, o autor do famoso gol na final da Copa de Europa de Seleccións de 1964.
José Manuel Parada Alvite, Suco II, defendeu durante dez tempadas as cores do Real Club Celta, chegando a ser seleccionado coa Selección B Española e disputando co conxunto celeste o histórico partido de Aberdeen, debut dun equipo galego na copa da UEFA. Defendeu tamén a camiseta do Racing de Ferrol, Pontevedra e Atlético Riveira. Na súa etapa xuvenil participou no mundial celebrado no ano 1962 en Romanía, converténdose no primeiro deportista internacional nado en Ribeira.
Ribeira: ata o 1 de febreiro para anotarse nun curso de orientación deportiva post.ly/4zW51
— Certo (@Certo) January 26, 2012
Boiro: o alcalde estivo noutra presentación de La Vuelta a España na Deputación post.ly/4zVLr
— Certo (@Certo) January 26, 2012
Ribeira: intentarán coordinar as áreas de Cultura dos municipios de Barbanza post.ly/4yksQ
— Certo (@Certo) January 25, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario