- Foi recibida e agasallada no Concello
Ribeira, 25 de xaneiro de 2012- O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, presidiu hoxe a recepción oficial dos membros da Comisión Delegada de Educación do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, que recalou no municipio para manter unha reunión co fin de abordar cuestións organizativas derivadas da terceira edición da Mostra Musical, que terá lugar proximamente en Vilagarcía.
No nome do Eixo Atlántico, interviu durante a recepción celebrada no salón de plenos da Casa Consistorial o secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao, quen salientou que esta é a primeira reunión dunha comisión delegada que se fai en Riveira ligada aos temas social. Vázquez Mao agradeceu a colaboración brindada polo municipio barbanzano: un dos 34 que forman esta institución dirixida a fomentar as relacións de colaboración entre Galicia e a zona norte de Portugal.
En canto á Mostra, o secretario xeral anunciou que por primeira vez vaise contar coa incorporación da Casa da Música de Oporto, “unha das grandes institucións culturais da Eurorrexión e no ámbito da música clásica probablemente a primeira”.
O alcalde Manuel Ruiz Rivas manifestou que é básica a unión de concellos a través de instrumentos como o Eixo Atlántico, sobre todo nestes tempos nos que é máis necesario ca nunca traballar en común para saír da crise. Ademais, declarou que “as portas do Concello están abertas” para seguir colaborando en todo o que redunde no progreso da Eurorrexión.
Tamén estiveron na mesa presidencial do Salón de Plenos a concelleira de Educación de Ribeira, María del Carmen Vizcaya, e a súa homóloga de Vilagarcía, Rocío Llovo.
Ribeira: xa se pode ollar "Paraísos non tan lonxanos" no auditorio, ata o 25 de febreiro post.ly/4yiFc
— Certo (@Certo) January 25, 2012
Ribeira: adxudicadas a adquisición da carpa provisional do novo mercado e o derrube do vello post.ly/4xfM7
— Certo (@Certo) January 24, 2012
Ribeira: a ANPA do IES Leliadorua presiona á empresa de transporte Ferrín para que mellore o seu servizo post.ly/4xaPH
— Certo (@Certo) January 24, 2012
Ribeira: o martes 7 de febreiro, obradoiro sobre envellecemento activo no Liceo Marítimo post.ly/4xZ9P
— Certo (@Certo) January 24, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario