25.1.12

Boiro: o venres 27 de xaneiro, I Encontro de Música Tradicional na Estación Leñaverde

Cartel_foliada-1

  • Organiza a Escola de Música de Boiro
Boiro, 25 de xaneiro de 2012. Este venres, 27 de xaneiro, ás 21:00h terá lugar o I Encontro de Música Tradicional organizado pola Escola de Música de Boiro. Será no Centro Social de Boiro, na Estación Leñaverde.

Estarán presentes algunhas das formacións locais máis destacadas como o Grupo de Gaitas da Escola de Música, Grupo de Pandereteiras da Escola de Música, Os da Boina, Xilbarbeira e Nunca é tarde, entre outros.

O encontro é aberto a todas aquelas persoas que queiran vir a pasar un bo rato simplemente ou participar e traer o seu instrumento para unirse á jam galega posterior ás actuacións. Esta actividade forma parte da programación mensual deseñada e organizada pola Escola de Música de Boiro.

O pasado mes de decembro a Escola inaugurou o seu novo blog onde podedes consultar toda a información sobre actividades levadas a cabo e as imaxes de todos os eventos. Este novo espazo web e a presenza da escola nas redes sociais está tendo moi boa acollida, segundo indican.

Máis información: http://escolamusicaboiro.blogspot.com/


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical