- A cargo da compañía Firewalk Theatre, nunha actividade do IES Leliadoura
Imaxe de http://www.firewalktheatre.com Ribeira, 17 de xaneiro de 2012. O departamento de Inglés e a Sección Bilingüe do IES LELIADOURA organizan mañá mércores 18 a partires das 11:00 no Auditorio municipal a actuación do grupo de teatro en inglés Firewalk Theatre, coa representación da obra musical “Aquarius”. Dita actividade vai dirixida ao alumndo de 3º e 4º de ESO, de Bacharelato e do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, ata un total de 220 alumnos.Continuan así as actividades encadradas no programa deste departamento e da Sección Bilingüe, e que terán continuidade coa viaxe a Londres que farán 40 alumnos dos cursos de Sección Bilingüe no mes de abril. Hai que salientar que o Leliadoura é o único de secundaria en Ribeira con 3 seccións bilingües, ademais de ser o primeiro en traer a esta cidade unha representación deste tipo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario