2.2.12

Lousame: Ecoembes só pagará o 80% do plástico-film seleccionado na planta de tratamento de residuos en 2011 e 2012

  • Medio Ambiente propicia o acordo entre Ecoembes e a Mancomunidade da Serra do Barbanza para o tratamento de residuos na planta de Lousame
  • Ecoembes asumirá o custe de recuperación do 80% do plástico-film seleccionado na planta da Mancomunidade no relativo ao ano 2011, con efecto retroactivo, e 2012, o que suporá unha cantidade equivalente a 907 toneladas de residuos
  • Nos vindeiros 2 anos Ecoembes xestionará un máximo de 835 toneladas anuais de residuos e no 2015 un total de 784 toneladas de residuos
Media_httpfarm6static_aqfsy

Lousame, 2 de febreiro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas propicia, disque, o acordo entre a Mancomunidade da Serra do Barbanza e a entidade de xestión Ecoembes sobre a xestión dos residuos de envases que permitirá manter o tratamento de residuos da Planta de Tratamento de Lousame, contribuíndo así á normalización do seu funcionamento.

Esta solución adoptouse durante a reunión da Comisión de Seguimento do Convenio asinado pola Xunta e Ecoembes para o período 2011-2015. O acordo é o resultado dos contactos entre as partes mantidos no último ano a iniciativa da Xunta de Galicia co fin de alcanzar un consenso sobre os criterios a aplicar para o establecemento dos custes que o sistema integrado de xestión debe asumir no relativo ao tratamento de determinados residuos plásticos xestionados na planta, como son as bolsas de plástico comerciais dun só uso.

Desde o comezo do conflito, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas manifestou o seu apoio á Planta de tratamento de residuos de Lousame e valorou os resultados que está a alcanzar en liñas xerais o seu modelo de xestión. Neste sentido, considérase que a instalación da Mancomunidade Serra do Barbanza pode realizar unha importante contribución aos obxectivos de incremento da valorización e redución da eliminación en vertedoiro recollidos no Plan de Xestión de Residuos de Galicia 2010-2020, que sinala a necesidade de xestionar ‘in situ’ determinados residuos a través do tratamento en plantas locais ou comarcais.

Criterios para o próximo período
O novo acordo establece que Ecoembes asumirá o custe da recuperación do 80 por cento do plástico-film seleccionado na planta da Mancomunidade no relativo aos anos 2011, con efecto retroactivo, e 2012, o que supón unha cantidade equivalente de ata 907 toneladas.

Así mesmo, determínanse as cantidades máximas de plástico-film que se xestionarán con cargo aos orzamento de Ecoembes ata a fin do convenio: 835 toneladas anuais no período 2013-2014 e 784 toneladas no ano 2015. Esta redución é acorde coa diminución paulatina dun número de bolsas de plástico no mercado previsto nos vindeiros anos.

Para o establecemento destes criterios, tívose en conta o calendario fixado pola nova Lei estatal de residuos e solo para a redución das bolsas comerciais dun só uso de plástico no biodegradable, que en 2018 deberán estar completamente fóra do mercado.

Posición do alcalde de Noia


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical