Ribeira, 8 de febreiro de 2012.- Os membros do Equipo de Goberno estiveron a realizar no día de hoxe un repaso pormenorizado do estado das actuacións contempladas no plan "Riveira Atlántica 2015", subvencionado cunha achega de 5 millóns de euros procedentes dos Fondos Europeos FEDER.
A voceira municipal, Herminia Pouso, anunciou o inicio da práctica totalidade dos traballos preparativos e felicitou aos servizos de contratación polo labor que están realizando. Así, a edil explicou que estase a cumprir co cronograma previsto e que aproximadamente a metade das actuacións (catro de nove) serán adxudicadas non máis aló da metade de ano.
Pasado o Entroido, terá lugar unha presentación oficial do proxecto, tanto aos membros da Corporación Municipal como ás principais asociacións e forzas sociais do municipio, e tamén se vai activar unha páxina web específica do Riveira Atlántica.
A actuación máis importante en investimento cun orzamento total de 3,2 millóns de euros é o da construción do novo Mercado Municipal (e actividades complementarias), no que xa foron adxudicadas tres importantes apartados: a redacción do proxecto do novo mercado á empresa L & T 94 Arquitectura y Urbanismo por un importe de 70.564 euros), o derribo da actual praza de abastos a Obras y Viales de Galicia (Oviga) por 171.690 euros, e a compra e instalación dunha carpa a dúas augas para albergar os postos do Mercado Municipal, na que resultou adxudicataria a empresa Carpas Facal, S.L., por 62.445 euros.
Aparcamento subterráneo
O Goberno Local segue mantendo a primeira quincena de marzo como data máis probable para o traslado dos praceiros ata un emprazamento provisional nun solar lindante coa praza de España e a rúa Canarias. As tarefas de demolición do actual inmoble teñen un prazo previsto de tres meses e espérase que o inicio dos traballos de construción do mercado sexan unha realidade neste mesmo semestre. Por outra parte, está en estudo de viabilidade unha obra complementaria a do mercado como é a construción do aparcadoiro subterráneo do Malecón.
Outras tres actuacións están en fase de tramitación da súa contratación: a creación dunha web-gis turístico-patrimonial (138.000 euros de orzamento), o Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Riveira e accesibilidade na área portuaria (que con 276.000 euros de presuposto sería o primeiro PMUS desenvolvido en Galicia fóra das grandes cidades) e a creación dun centro social e de ocio saudable na parroquia de Oleiros (máis de 800.000 euros: está en fase de concurso de ideas para a redacción do proxecto e execución de obra).
Hai tres proxectos que por razóns de eficiencia organizativa decidiuse aglutinar nunha única actuación: a recuperación ambiental e patrimonial do río Artes (ou Arlés), a creación dun parque biosaudable e itinerarios verdes en Oleiros-Artes e o plan recuperación de núcleos tradicionais, sumando entre eles unha cantidade global de 922.000 euros. Esperarase sacar a concurso en próximas datas a redacción dun proxecto global que englobe estes tres conceptos.
Outras das actuacións programadas é o paseo marítimo-terrestre do borde litoral de Riveira (738.000 euros), que conectará a cidade coa praia de Área Secada: está en fase de reordenación do vial a fin dun mellor aproveitamento das zonas verdes e paisaxísticas.
As actuacións restantes son a recuperación do complexo mar-industrial de Área Secada (276.000 euros, estase no estudo de información previa), a rede de Miradoiros e Vías Paisaxísticas de Riveira (276.000 euros, previsto para o 2013) e a recuperación da antiga aldea mariñeira da Illa de Sálvora (276.000 euros, no que está pendente de licitar a redacción do plan de actuación).
Actuacións musicais
Outros dos asuntos que ocupou a intervención de Pouso Mariño foi a relativa a intención do Equipo de Goberno de redactar unha ordenanza municipal dirixida a regular as condicións en que se poidan desenvolver actuacións musicais tanto ao aire libre como no interior dos locais.
A este último respecto, un dos maiores problemas que se teñen detectado na actualidade é que a maioría dos locais non teñen ningún tipo de insonarización, o que condiciona enormemente os horarios nos que se poden ofrecer as actuacións musicais.
Por iso, o Executivo quere redactar unha ordenanza que incida en asuntos tales como a regulación de horarios, días e condicións en que se poidan desenvolver este tipo de eventos.o mesmo tempo, o Concello buscará a colaboración daquelas bandas que estean interesadas en participar na Programación Cultural de Verán, mediante a celebración de concertos itinerantes ao aire libre.
Antes, en Certo:
Riveira Atlántica 2015: adxudicada asistencia técnica a Idom
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario