Dodro, 15 de marzo de 2012. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade comeza co programa Amodiño-Dodro/2012 (programa dirixido a dependentes, aos seus coidadores e persoas con EVO e problemas de mobilidade, posto en marcha en setembro do 2011) cunha excursión ao Aquarium Finisterrae e á cidade de A Coruña o próximo sabado día 24 de marzo. As inscricións poden realizarse no departamento de servizos sociais do concello ata o día 19. O prezo por persoa é de 11€.
O outra saída será o día 30 de marzo ao Balneario de Cuntis, dirixido para as persoas coidadoras de dependentes. O custo é de 14 € por persoa. Os interesados poden inscribirse no departamento de servizos sociais ata o 27 de marzo.
Parte de este programa esta subvencionado pola Deputación de A Coruña.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario