A Pobra, 23 de marzo de 2012 -vixésimo cabodano de Antón Avilés de Taramancos-. O salón de usos múltiples do IES da Pobra foi o lugar escollido para a presentación da oitava Semana Cultural do instituto local, na que se van desenvolver unha gran cantidade das actividades lúdico-didácticas.
O director, José Luis Nogueira, e a vicedirectora, Herminda Castro, explicaron brevemente a historia destas xornadas e detallaron polo miúdo a organización das mesmas. "Haberá variedade, para que toda a comunidade educativa poida participar, disfrutar e aprender. Así, dende un taller de alfarería ou unha exibición de aves rapaces; pasando por obradoiros variados sobre arte, metalurxía ou música; ata conferencias, proxeccións, concursos, …", explicaron. Algunhas das actividades serán realizadas por invitados "ilustres" como o profesor de Dereito e columnista conservador Roberto Blanco Valdés, o deputado nacionalista -do BNG non escindido- Bieito Lobeira ou Encarna Montemuiño, entre outros; tamén representantes do Centro Arqueolóxico da Barbanza e ACAB, Ed. Burlington ou UNICEF.
París e Andorra Outras serán levadas a cabo por profesorado do centro, dende os diversos departamentos: algún deles desenvolverá actividades de máis percorrido. Por exemplo, o profesorado de Francés está de viaxe en París cun grupo de alumnos, e outro grupo pasará a semana realizando actividades deportivas na neve en Andorra, xunto co profesorado do departamento de Educación Física; ademais, o departamento de Xeografía e Historia organiza de forma coincidente as “3ªs xornadas de Xeografía e Historia” que incluirán charlas, debates e obradoiros. No mesmo acto tamén se presentou o cartel elaborado a tal efecto polo profesor de Artes Plásticas, e inauguráronse dúas exposicións no mesmo salón: unha adicada ás distintas edicións multilingües do libro Le Petit Prince (O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry): “O Principiño ao redor do mundo, cedida pola fundación Carlos Casares, e outra de gravados realizados por unha antiga profesora do centro, xa falecida, pero moi presente na memoria da comunidade educativa: “Silvia no vento”. Agradeceron a asistencia de alumnos, profesores, prensa e representantes das familias; e emprazan a todo aquel que queira participar nestas actividades a acompañalos e disfrutar duns días de convivencia e intensa aprendizaxe.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario