- En toda actividad urbanística deben prevalecer os intereses xerais sobre os intereses particulares dos infractores, sosteñen os socialistas de Ribeira, ante a negativa do PP a ingresar nese ente da Xunta de Galicia
Ribeira, 21 de marzo de 2012. Segundo explican en nota de prensa os socialistas de Ribeira, "o Concello decidiu non formar parte da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), dependente da Xunta de Galicia. O grupo do Partido Popular en pleno votou en contra da proposta feita polo PSOE".
O portavoz socialista, Andrés Fariña Cadenas, foi o encargado de presentar a moción, que foi apoiada polos grupos do BNG, IPDR e PSOE. O Partido Popular considera que o Concello de Ribeira "ten persoal abondo como para ocuparse da inspección urbanística do municipio. Segundo o alcalde: “dende que existen os ordenadores a tentación de incumprir a lei eu non sei se a ten alguén, alomenos eu non a teño” e por outro lado a concelleira Pouso Maneiro considera que Ribeira “é unha cidade humanizada e habitable” que non precisa destes servizos".
"A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística colabora con todos estes concellos de Galicia co obxectivo común de velar pola utilización racional do solo conforme á normativa vixente en materia de urbanismo, ordenación do territorio e do litoral. A adhesión á axencia
suporía unha axuda extraordinaria para o departamento de urbanismo do Concello de Ribeira, que mantén o plan xeral da cidade sen adaptar á actual lei de ordenación urbanística, xerando consecuencias de inseguridade xurídica para os cidadáns neste intre", conclúen dende o Psoe ribeirense.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario