- Unha rampa mellorará a accesibilidade na zona
- 40.000 euros para saneamento, liña de pluviais e acometidas domiciliarias de auga, así como pavimentación
Ribeira, 26 de marzo de 2012.- O Concello informa da adxudicación dunha actuación dirixida á renovación os servizos e á adecuación dun espazo público situado na rúa Romero Ortiz, moi preto da céntrica praza de Compostela, en Santa Uxía.
Cun investimento de 39.008 euros, as obras van ser acometidas pola empresa Andrés Paz Dios.
Segundo o proxecto elaborado por técnicos municipais do Concello, o que se pretende coa actuación e renovar a antiga rede de saneamento existente (colocándose unha tubaxe de 35 metros de PVC compacto), instalar unha liña de pluviais (40 metros de tubaxe de PVC corrugado) e renovar as acometidas domiciliarias de auga potable.
Pavimentación
Ademais, pavimentarase a zona de actuación empregando lousas de granito sobre soleira de formigón. A tal efecto, eliminaranse a maior parte das escaleiras existentes, deixando unicamente un tramo de dous metros de ancho nun dos extremos e construíndo unha rampa que mellora á accesibilidade dos edificios do entorno.
Esta actuación corre a cargo do canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.
Ribeira: pasa a información pública o estudo de impacto ambiental da depuradora post.ly/6HfB0 Ribeira: a CIG convoca manifestación este xoves 29, día da Folga Xeral, ás 12:45 na Praza do Peixe post.ly/6Hbdk
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario