- Deberían estar na ampliación da Rede Natura, como especie en perigo de extinción, denuncia Adega
- Os ecoloxistas galegos cren que ten que ver co megaproxecto de paseo, párking e praia fluvial alí previsto, xa aprobado en tempos do Bipartito
As agresións perpetradas pola Xunta contra as especies ameazadas e en perigo de extinción non rematan aquí. Tamén a respeito da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica), a administración autorizou rozas sistemáticas dos carrizais e matogueiras na contorna da lagoa da Frouxeira, en Valdoviño, outro dos hábitats nos que aniña esta especie en perigo de extinción. Deste xeito, e á marxe das chafalladas e despropósitos perpetrados pola Xunta neste espazo, denunciadas por ADEGA perante a Fiscalía, o organismo Ramsar e a Comisión Europea e obxecto de investigación por parte do Xulgado de Ferrol, a Xunta cometeu un delicto ecolóxico ao permitir estas rozas que alteraron gravemente o hábitat dunha especie protexida (art. 10.1.b do CGEA).
"Esta é a realidade da política de conservación da Xunta: especies ameazadas e en perigo de extinción ao chou; permisividade e despropósitos continuos con actuacións que mesmo conculcan a legalidade; opacidade na xestión e como colofón, ridículo ao presentar un plano de recuperación que pon en evidencia a miserábel ampliación da RN 2000 que propón o PP", rematan, con mordacidade, os ecoloxistas.
Antes, en Certo:
- Natureza: Adega considera a ampliación da Rede Natura da Xunta "insuficiente, incompleta e incoherente"
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario