- En dous volumes abórdanse feitos arredor da morte segundo documentos medievais e modernos na vila de Noia, pero válidos para toda Galicia
A sacristía de Santa María a Nova garda moitas laudas dos gremios medievaisNoia, 9 de abril de 2012. Este venres, 13 de abril, ás 20:30 horas na Casa da Cultura "Antón Avilés de Taramancos" de Noia terá lugar a presentación do libro "Derradeiras vontades", dos profesores Xosé Manuel Neira Pérez, teólogo, e José Barroso Castro, filólogo. O libro -en dous volumes e cun custe de case 130 euros- foi publicado pola editorial Mendaur e pódese mercar, ademais de nas librarías, na propia web da editorial, aquí.
Abórdase neste estudio o feito da morte no contexto galego na vila de Noia na Idade Media e Moderna. Nos dous volumes, con máis de 60 documentos notariais que tratan sobre os gremios de Noia, clérigos da Confraría da Concepción de Noia,
notarios e outros, amósanse documentos de derradeiras vontades con doazóns a cambio de misas de aniversario pola salvación da alma do crente doante.Pode que tamén lle interese:
notarios e outros, amósanse documentos de derradeiras vontades con doazóns a cambio de misas de aniversario pola salvación da alma do crente doante.Pode que tamén lle interese:
- Cultura: programación prevista ata maio
- San Marcos 2012: Banda Crebinsky, BlackStones e Trópico de Grelos
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario