Noia, 24 de abril -Festas do San Marcos- de 2012. O concelleiro delegado da área do Plan Especial do Casco Histórico e Patrimonio do Concello de Noia, Bieito González Domínguez, participou na mañá de hoxe, en representación do ente municipal, na sinatura do convenio co Instituto Galego da Vivenda e Solo para a tramitación de expedientes de rehabilitación e financiamento dos gastos de mantemento das oficinas municipais de rehabilitación, así como dos portelos únicos de información e xestión do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012, e doutras actuacións vencelladas ás políticas de vivenda.
Mediante a sinatura do citado convenio, o Concello de Noia vai percibir durante o presente ano 2012 a cantidade de 50.749,85 euros.
As tarefas que desenvolve a Oficina de Rehabilitación Municipal van desde a propia de aplicación da normativa correspondente ao Plan Especial de Protección do Casco Antigo, ata a de información, asesoramento e tramitación de diversos plans como o do programa ALUGA, programa RENOVE do Plan de Vivenda 2009-2012 así como o programa de axudas da administración galega destinadas ao remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución no ámbito rural.
O gasto previsto polo Concello de Noia para o mantemento da Oficina de Rehabilitación durante o presente ano 2012 ascende á cantidade de 84.583,08 euros do que a cantidade a percibir do IGVS mediante o asinamento do presente convenio, representa o 60% do custe do citado servizo.
Pode que tamén lle interese:
Aula de Saúde: a charla deste xoves 26 de abril, sobre coidados do corazón
Urbanismo: adecentarán o que queda do antigo Hotel Ribadavia
Urbanismo: alega o Concello sobre o Plan Sectorial de Áreas Empresariais
Patrimonio: musealizarán o acueduto medieval
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario