29.4.12

A Pobra: denuncian o depósito de entullos nas Xunqueiras, zona de alto valor ecolóxico


O monumento máis emblemático da zona das Xunqueiras é o pazo-torre que leva ese mesmo nome

A Pobra, 29 de abril de 2012. O BNG  da Pobra rexistrou esta semana no Concello unha iniciativa e dirixiu á Demarcación de Costas un escrito a respecto dos entullos de obras que se están a depositar nas Xunqueiras, a carón do centro de saúde. "Unha actuación que, sen ningún tipo de autorización, se está a levar a cabo co consentimento do Goberno Municipal do PP, nun entorno de alto valor ecolóxico e a carón mesmo do centro de saúde. Nun entorno, en definitiva, polo que o Goberno Municipal endexamais amosou interese e contribuíu –por acción ou por omisión- a degradar e a dexenerar cada vez máis", explican os nacionalistas.

 
"Ésta, por desgraza, non é a primeira vez que o BNG se ve na obriga de denunciar atentados ecolóxicos deste tipo. Ademais de todas as verteduras industriais producidas nos últimos anos que afectan ás Xunqueiras, no 2010 ocorreu algo moi semellante nas propias Xunqueiras e que, a raíz da denuncia do BNG, se viron na obriga de retirar e repoñer a legalidade.Neste caso o agravante é que se están depositando entullos a 20 metros dun centro de saúde a onde acudimos todas e todos. As escouras que se están retirando dos arranxos da estrada xeral son, entre outras, as que van a parar ás Xunqueiras cando, calquera sabe que se fai unha pequena obra na súa casa está na obriga de levar ou encargar que leven os entullos das obras a un lugar autorizado. Neste caso, a empresa que leva a cabo as obras tiña que ter previsto, e comunicado á autoridade competente, onde depositaría os entullos. Pois ben, parece que aquí o Goberno Municipal do PP non é tan esixente como cos veciños e permite que se depositen, sen ningún tipo de rubor, nun lugar de dominio público marítimo terrestre e nun entorno que calquera administración sensata e cun mínimo de sensibilidade vixiaría e coidaría polo seu valor ecolóxico e polo seu potencial turístico, económico e de uso e desfrute público", remata o Bng na súa nota de prensa.
 
 
 

26.04.12.-ESCRITO A COSTAS-DEPÓSITO ENTULLOS NAS XUNQUEIRAS.doc Download this file

26.04.12.-ESCRITO AO CONCELLO-DEPÓSITO ENTULLOS NAS XUNQUEIRAS.doc Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical