Traseira da Casa de cultura de Porto do SonPorto do Son, 10 de abril de 2012. Dentro das actividades de promoción da lectura no Mes do Libro, a Biblioteca do IES de Porto do Son, integrada no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e coordinada polas profesoras Rut Losada Soto e Sonia Ces García, organiza a exposición "A historia do cómic galego e universal". Vai ser inaugurada o luns 16 de abril ás 19:00 hrs. na Casa da Cultura do Concello de Porto do Son. Poderá ser visitada ata o 30 de maio. Nesta exposición amósanse os traballos dirixidos polo profesor Alfonso Pérez Moreno e realizados polo alumnado de 3º de ESO de Lingua Galega e Educación Plástica e Visual durante o curso 2009-2010 -que actualmente cursan Bacharelato-, así como unha exposición sobre a Banda Deseñada Galega cedida por El Patito Editorial. Naquel momento, conscientes do descoñecemento deste xénero e das súas posibilidades pedagóxicas, o equipo decidiu afondar neste eido para o cal realizou unha importante adquisición de fondos, que os interesados na visita poderán coñecer. Este foi un dos primeiros traballos coordinados dende a biblioteca do instituto centrados no que está a ser o principal obxectivo da mesma: a interdisciplinariedade como criterio pedagóxico. A iniciativa pretende manifestar a necesitade de entender a educación como un proceso global que atinxe non só toda a comunidade educativa -profesorado, alumnado, pais e nais- senón tamén á sociedade en xeral. Enviarase aos centros da zona unha guía didáctica coa que poder afondar na información de xeito dinámico.
Praia de Queiruga (Porto do Son, non ría de Arousa non, a do lado...) youtu.be/yvzTJcqU4v0
— Certo (@Certo) April 10, 2012
De Porto do Son es más fácil salir en barco que en transporte público, ya lo tengo dicho. No aprendo
— Juan Garcia(@JeGarco) April 9, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario