Rianxo, 9 de abril de 2012. O sábado 28 e o domingo 28 de abril volta celebrarse o Serán do Patrocinio, organizado pola asociación cultural rianxeira Fogo Fatuo.Ao serán pode apuntarse quen así o desexe: só hai que achegarse e falar coa organización. Queren que calquera persoa se anime a tocar, polo que só piden levar o instrumento que se queira e tocalo alí e bailar con todos os participantes. Haberá comida e bebida de balde para todo aquel e toda aquela que se anime a tocar e bailar pezas, así como arroz con letie para todo tipo de asistentes ao serán, sexan músicos, bailadoras ou público. Ao longo da noite do sábado 28 vanse sortear varias cestas e se o tempo o permite incluso algún asistente vai sorprender ao público cunha "tecno-muiñeira".
Xa o domingo 29 haberá unha alborada que correrá por conta da agrupación de gaitas de Fogo Fatuo, misa cantada e baile cos máis pequenos da escola de pandereta e baile "Aleivosía". Tamén haberá un aperitivo na barra da asociación.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario