- Ascende de categoría, á Segunda Autonómica, tras gañarlle o pasado domingo ao Trócolo Noia por un contundente 1-6
- É a primeira vez que consegue un campionato de Liga. Ademais, foi o equipo máis goleador (108 tantos) e o segundo que menos encaixou
Ribeira, 24 de abril de 2012. O pasado domingo o Sálvora CF acadou o título de liga de 3ª Autonómica-Grupo 6, acadando o ascenso de categoría.
Tras derrotar ó Trócolo Noia por 1-6 e coa derrota da SD Xuño en Palmeira por 1-3 o equipo adestrado por Alberto Campaña proclamouse por primeira vez na súa historia Campión de Liga e xogará a vindeira temporada na 2ª Autonómica.
Con 78 puntos logrados, 108 goles a favor (máximo goleador) e con 35 en contra (2 equipo menos goleado) culminaron unha gran temporada na que estiveron todo ano nos postos altos da tabla, liderando a mesma na súa maior parte.
Este éxito súmase o traballo realizado nos últimos anos nas categorías base do clube, as cales iniciaron as consecucións dos títulos de liga e de ascensos deste clube e que agora o equipo senior imita.
O plantilla do equipo senior do Sálvora CF estivo composta por: Juan, Javi, Vaamonde, Coira, Hector, Pardavila, Suso, Boo, Anxo, Barrosa, Siño, Marcos, Orlando, Moisés, Cánive, Toño, Leyra, Container, Chapi, Jesús, Luis, Pichichi, Isi, Damián e Rey. Relacionada:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario