Ribeira, 2 de abril -na semana de paixón na que se queimaron as Fragas do Eume- de 2012.- Coincidindo coa entrada da Semana Santa, o Concello decidiu retomar a Patrulla Ciclista da Policía Local que se puxera en marcha no verán pasado. Catro axentes distribuídos en dous grupos velarán pola seguridade e o cumprimento das ordenanzas municipais, actuando en determinadas zonas que adoitan contar con gran afluencia de turistas e viandantes, como rúas peonís, paseos marítimos e outras zonas de praia.
O servizo prestado pola Patrulla Ciclista non se circunscribirá a estes días de festividade da Semana Santa senón que se prolongará máis aló, mentres o bo tempo imperante o faga necesario.
Na nubrada xornada de hoxe, os axentes estiveron a realizar a posta a punto dos seus vehículos e resto de equipación coa previsión de entrar xa en servizo mañá pola mañá, martes 3 de abril.
En principio os grupos funcionarán de forma alterna en quendas de mañá e tarde, sempre que outras necesidades da Policía non requiran a asistencia destes efectivos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario