10.4.12

Ribeira: veciños de Carreira estiveron de excursión polo norte da Coruña

Dsc_3539

Ribeira, 10 de abril de 2012. Dentro da filosofía da Asociación de Veciños de Carreira de dar a coñecer o patrimonio natural e cultural de Galicia, un grupo de máis de 50 personas adicouse a visitar as terras do norte da provincia de A Coruña estes pasados días.

Visitaron lugares como o casco antigo de Pontedeume, onde coincidiron coa multitudinaria procesión do Domingo de Ramos, que alí chaman “a procesión da Borriquiña”. As fermosas paisaxes de Cedeira foron o seguinte punto de interese da excursión, que tivo o punto álxido nun dos lugares máis lendarios de Galicia: San Andrés de Teixido. Un numeroso grupo atreveuse co derradeiro tramo peregrino do Camiño de San Andrés que os levou ata a mesma igrexa de Santo André.

Media_httpfarm6static_gvxag

Os viaxeiros non puideron ver a marabilla dos cantís da Capelada pola néboa

A única mágoa que trouxeron foi non poder divisar as panorámicas dos acantilados máis altos da Europa Occidental, A Vixía da Herbeira, xa que a espesa néboa que cubría a Serra da Capelada impediu tal visión. Con todo, a actividade resultou todo un éxito quedando á espera da vindeira saída, que posiblemente leve ós membros da Asociación presidida por Marivén Sampedro, a coñecer diversos paraxes da provincia de Pontevedra.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical