30.5.12

Boiro: a asociación Aturuxo, á que lle queren pechar o local, quere entrevistarse co alcalde

Media_httpfarm5static_hpivm

Boiro, 30 de maio de 2012. A asociación cultural Aturuxo!, ante a intención do Concello de Boiro, gobernado polo Partido Popular, de pechar o local social que
xestiona na rúa Principal quere aclarar unha serie de feitos que lles parecen de
relevancia e detallan hoxe en nota de prensa.

"A cronoloxía dos feitos é a seguinte: o sábado 19 de Maio fáisenos entrega no local social de Aturuxo (R/ Principal nº118, Boiro) por parte da Policia Local dun "expediente urbanístico" no que se nos esixe a "reposición de legalidade" nun prazo de 15 días, caso contrario procederán á suspensión da actividade que
se leva no local. A licenza, que propoñen como válida, é a de CAFE - CONCERTO, unha licenza comercial á que non podemos acceder, pois somos unha asociación sen ánimo de lucro", comezan explicando.

Desde Aturuxo manifestan que:
"1º O local social da nosa asociación está legalizado na Conselleria de Xustiza, así vén recollido nos Estatutos da Asociación, neles explicítase que no local social o colectivo desenrolará todo tipo de actividades (concertos, charlas, obradoiros, monólogos, obras de teatro, proxeccións, etc) encamiñadas a promoción da lingua e cultura galegas.


2º Somos unha entidade sen ánimo de lucro, na que se organizan dúcias de persoas do noso concello e comarca e no noso local social reúnense centos de persoas cada semana. O local finánciase coa achega das socias e socios, nunca pedimos ningunha subvención, nen axuda das administracións.


3º O Concello de Boiro ten a obriga de non obstaculizar o devenvolvemento das nosas actividades. En novembro do pasado ano xa se nos impideu facer o Magosto Popular, pois esixíase unha fianza de 300€.


4º O intento de peche do local social é un retroceso inasumible para o movemento asociativo do noso Concello e Comarca, encamiñamos ao Concello de Boiro a retirar este expediente e abrir canles de comunicación coa nosa asociación. Desde Aturuxo, solicitouse o Martes 29 de Maio unha reunión co
Alcalde da Corporación, ainda non tivemos resposta.

5º Desde a asociación cultural Aturuxo adiantamos que non imos renunciar a contar cun espazo no noso Concello, a veciñanza de Boiro non pode asumir que nos rouben un espazo de encontro e cultura.


6º Desde que o Luns 28 de Maio que se iniciou unha recollida de sinaturas por internet lévanse xuntado máis de 500, o que vén a demostrar o importante apoio co que Aturuxo conta no Concello e Comarca. Para rematar queremos agradecer os centos de correos electrónicos e ás ducias de bandas, grupos de teatro, asociacións, veciñas e veciños que se teñen ofrecido a colaborar con nós e entre todas/os parar o peche de Aturuxo".

ATURUXO NON SE PECHA!
A CULTURA NON SE PECHA!
--------------------------------------------
web: www.aturuxa.blogspot.com




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical