Porto do Son, 30 de maio de 2012. Diante da polémica creada polo Goberno municipal e o PSOE con respecto á obra da piscina municipal de Porto do Son, o BNG considera que "é moi importante que alguén lle conte a verdade aos veciños e veciñas sobre a piscina municipal", explica hoxe en nota de prensa o partido nacionalista.
A piscina estaba proxectada dentro dun plan da Deputación da Coruña para o período 2005/2006, "polo que xa debería de estar en funcionamento, non o está pola falta de intereses políticos dos anteriores gobernos do PSOE, do PP e de Quiñoi (en ámbolos dous gobernos). O proxecto e a ubicación da piscina foron aprobados en Pleno por un goberno do PSOE, sendo Quiñoi tenente de alcalde e máximo responsábel da área de deportes, co respaldo do PP e sen ter en consideración o posicionamento do BNG que era o de facer a piscina no casco urbano do Son, axeitada á realidade do noso concello e a súa sustentabilidade", sinalan dende o Bng sonense.
O primeiro proxecto era de 1.011.523,70 euros, que logo se convertiron en 1.500.000 euros "polos extras do Sr. Quiñoi (textualmente na acta: piscina de prácticas para os pequenos, un iakuzi, unha sauna, unha ducha para masaxes, que se inclúen agora co obxecto de lograr que a explotación sexa máis rendible), que ademais aseguraba que se ía manter cos ingresos do Parque Eólico Singular. Cando chega o PP ao goberno non conforme con este proxecto, túmbao, paga unha rescisión do contrato por 26.000 euros, fai un proxecto novo que lle costa ao concello 63.000 euros e presentan unha piscina de 2.500.000 euros", critica o Bng.
Cando o BNG chegou ao Goberno municipal, "vendo que a piscina seguía a ser unha promesa e que non existía o financiamento da Xunta de Galiza prometido polo PP para a súa piscina, tivo que retomar o anterior proxecto e para o que si tiñamos garantido o seu financiamento por parte da Deputación da Coruña. Iniciamos o acondicionamento da parcela e consideramos que a arquitecta municipal tiña que tutelar esta obra, para aforrar cartos e para que fixese o seu seguimento puntual", aseguran os nacionalistas, que sinalan que "deixamos a obra da piscina en fase de adxudicación por unhas alegacións que presentou a empresa COPCISA que ao final foi a adxudicataria, ao igual que das obras da 2ª fase do Museo do Mar. Consideramos que un tema tan relevante coma éste non debería ser motivo de liortas de prensa, senón que xa se debería de ter convocada unha Xunta de Portavoces por parte do Goberno municipal, que tanto lles gustaba ao PP e a AVS solicitar cando estaban na oposición. Por último, lembrarlles que o BNG é a segunda forza política deste concello e como tal pedimos unha explicación formal por parte do goberno."
Piscina: o Psoe fala de despilfarro e engano
Antes, en Certo:
- Porto do Son: os contos da Sala Perseveira seguen o martes 29 de maio
Perseveira: gargalladas co inaugurador, Quico Cadaval
Castro de Baroña: traballos de recuperación ata xullo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario