24.5.12

Boiro: o Bng critica que se lle dea prioridade ao recreo e non ao marisqueo ante o retraso das obras en Cabo de Cruz

  • O nacionalista Bieito Lobeira formulou unha pregunta relativa ao retraso das obras de mellora do porto do Cabo da Cruz

Media_httpfarm5static_yrjha

 
Cabo da Cruz, 24 de maio de 2012. O portavoz de pesca do BNG, Bieito Lobeira formulou hoxe unha pregunta en comisión relativa ao retraso das obras de mellora no Porto do Cabo da Cruz e criticou que se primara a dotación de instalacións destinadas á náutica recreativa en detrimento dos sectores produtivos.

Na súa intervención, Lobeira indicou que a ampliación deste porto é consecuencia dunha vella reivindicación do sector pesqueiro e mexilloeiro que faena dende esa dársena e tras catorce anos de estudos e sucesivos adiamentos conclúen coa redacción dun proxecto que en boa parte resolvía o problema do sector, sen embargo, dixo, comprobamos unha vez máis que, “a Xunta prioriza os espazos destinados a náutica recreativa” en detrimento das instalacións para as embarcacións da 3ª e 4ª lista.

Media_httpfarm7static_rakfd

Na dársena de Cabo da Cruz investíronse nada menos que doce millóns de euros

O nacionalista denunciou o investimento de “cinco millóns de euros na mellora de instalacións para embarcación deportivas fronte os 900.000 dedicados a mellora de puntos de atraque para as embarcacións do sector produtivo”.

O deputado tamén  salientou que ate 226 buques teñen porto base no Cabo da Cruz, 96 embarcacións de baixura e marisqueo a frote e 130  auxiliares das bateas mexilloeiras  e reiterou que o proxecto da nova dársena de Porto de Cabo da Cruz do ano 2009 contempla catro actuacións: a  nova dársena, instalación 3ª lista, instalacións 4ª lista e instalacións náuticas deportivas, sen embargo, dixo, “ os prazos das obras  para a 3 e 4 lista seguen paralizados”.

Lobeira rematou a súa intervención afirmando  que o Partido popular utiliza a crise económica para xustificar a “falta de accións e o incumprimento de compromisos parlamentarios”.

Pode que tamén lle interese:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical