30.5.12

Dodro: o Psoe critica a descoordinación do goberno popular na información da Omix

Dodro, 30 de maio de 2012. Segundo informa hoxe en nota de prensa a Agrupación Socialista de Dodro, "esta semana, @s xóvenes de Dodro recibiron, por parte da concelleira de Xuventude e Familia, información sobre a OMIX, Oficina Municipal de Información Xuvenil, case un mes despois da súa publicación na prensa. Isto demostra unha vez máis, a falta de coordinación deste goberno, que non se preocupa de promocionar o que temos, e informar aos principais destinatarios da oficina, da información que poden obter acudindo a ela".

O PSdeG-PSOE de Dodro presentou no pasado Pleno Ordinario do 18 de maio unha pregunta escrita con rexistro de entrada do 15 de maio relativa precisamente a se non se ía informar á mocidade de Dodro da existencia da mencionada oficina. "A contestación entón do sr. Alcalde foi que a oficina estaba abondo promocionada con información na prensa, con carteis na Casa da Cultura ( sede da OMIX)… Non debía ser tanta a información e publicidade cando agora atenden unha pregunta do PSdeG-PSOE de Dodro e informan por carta aos interesados", rematan os socialistas dodrenses.

Antes, en Certo:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical