- A competición terá como colofón a homenaxe a catro pilotos galegos de éxito: Jorge Prado, campión do Mundo de 65 cc con tan só dez anos; Rubén Fernández, campión español en categoría Promesas; Pablo Soto, campión galego alevín de supercross e Yago Nogueira, campión galego alevín de motocross recibirán cadanseu agasallo
[[posterous-content:pid___0]]
Ribeira, 29 de maio de 2012.- O circuíto situado no monte de San Alberte vai ser escenario este sábado dunha carreira de supercross que servirá tamén para homenaxear a catro grandes pilotos de Galicia, dando constancia do altísimo nivel existente nesta disciplina deportiva na Comunidade. Entre eles, o xoven prodixio das motos Jorge Prado, que con unicamente 10 anos foi quen de conquistar o ano pasado o campionato do Mundo de motocross na modalidade junior de 65 centímetros cúbicos. Os outros pilotos que serán distinguidos: o campión de España en categoría promesas Rubén Fernández, o campión galego alevín de supercross Pablo Soto e o campión galego alevín de motocross Yago Nogueira. Todos eles participarán nunha proba que tamén conta con outros competidores dignos de salientar, como Román Pérez, Ricardo Costas ou Aarón Bermúdez.
A cita está organizada polo Moto Club Riveira School, coa colaboración do Concello e Protección Civil e de numerosas empresas e entidades patrocinadoras da acción. Para falar dos detalles da mesma, déronse cita na Casa do Concello o presidente e o tesoureiro do Moto Club Riveira School, Manuel Santos e David Santos, e o concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez.
A quenda de adestramentos terá lugar entre as 15 e as 17 horas e, acto seguido, terá lugar a homenaxe a este póker de deportistas: unha celebración que se prolongará ata as 18 horas e que incluirá a sinatura de autógrafos a todos os nenos ou maiores que desexen acudir.
Despois terá lugar a carreira en si, comezando polas categorías sénior, junior e promesas e rematando, a diferenza de anteriores edicións, polas alevíns. Este cambio de programa débese a proporcionar aos participantes máis novos unha pista menos húmida que a que haberá ao principio da proba.
O circuíto ten 700 metros de lonxitude e unha anchura mínima de seis metros. Haberá dúas mangas por categoría.
A duración das carreiras será:
Para os alevíns, 8 minutos máis 2 voltas.
Para os promesas: 10 minutos máis 2 voltas.
Para os sénior e os junior: 12 minutos máis 2 voltas.
Os nenos e nenas menores de 12 anos están convidados a presenciar a carreira e mesmo a estar con Jorge Prado e co resto de pilotos durante a homenaxe que se lles vai ofrecer.
Ribeira: os do obradoiro de galego "As nosas historias" visitaron a sala museo local post.ly/7Wm45 A primeira revista de fútbol en galego, Kubus, apuntase ao crowdfunding: verkami.com/projects/2235-… Escollede PDF, revista ou revista + camiseta.
https://twitter.com/Certo/status/207463200655028224
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario