23.5.12

Noia: do 4 ao 8 de xuño, curso sobre Celso Emilio Ferreiro na casa da cultura

Media_httpfarm9static_sfkth

Non o le claramente e quere facelo? Entón ten que premer aquí

Noia, 23 de maio de 2012. Esta mañá tivo lugar a presentación do curso "Celso Emilio Ferreiro 1912-1979" que se vai celebrar do luns 4 ao venres 8 de xuño na casa da cultura "Antón Avilés de Taramancos" de Noia.

O curso está orientado ao profesorado en activo, preferentemente, pero tamén hai un cupo, o 30%, para persoas coa titulación requerida pero que non están en activo. Foi solicitada  a homologación á Consellería de Cultura e Educación e entregarase diploma de dez horas.

Media_httpfarm8static_bdctd

Na presentación estiveron o concelleiro de Cultura noiés, Javier Rodríguez Vieites, e o coordinador das Xornadas, Xavier Castro Rodríguez, profesor do IES "Virxe do Mar" de Noia. Cómpre lembrar que neste ano estase a celebrar o centenario do seu nacemento con actividades por toda Galicia.

Pode que tamén lle interese:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical