- A vindeira será o martes 29 de maio para os de Portosín e Nebra
[[posterous-content:pid___0]]Imaxe da contada de hoxe para rapazada de Xuño, Carballosa, Baroña e Caamaño
Porto do Son, 23 de maio de 2012. O equipo da Biblioteca do IES Porto do Son, no marco do seu programa de dinamización da lectura, vén desenvolvendo unhas sesións de contadas para o alumnado de infantil dos colexios do Concello.
O principal obxectivo desta actividade é poñer en valor o hábito da lectura a través duns xogos dramáticos, así como amosar as múltiples posibilidades da sala, para o que un grupo de alumnos e alumnas do centro, dirixidos pola profesora Ánxela Doval, elixiu uns contos e interpretounos ante os máis pequenos.
Á sesión realizada o mércores 23 para os centros de Xuño, Carballosa, Baroña e Caamaño, na que participaron aproximadamente 90 nenos e nenas, ofrecerase tamén aos colexios de Portosín e Nebra o vindeiro martes, 29 de maio.
Crónica-fotos-vídeos do q dou d si o día d onte adicado n Nebra a S Rita @JerusalenOrq @galiciaenfestas @Weborquestas5c nebra.blogaliza.org/2012/05/23/rom… Q seria d 1 festa sen fogeteiro, d día ou d.. noite.. sen facer moito escándalo @Certo @galiciaenfestas @Weborquestas5c twitter.com/pacodomartelo/… Se maio vén de auga, é tempo de ir ver fervenzas. A de Ribasieira, en Porto do Son, por Xosé Antón Castro flic.kr/p/c44LAS
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario