A Pobra, 15 de maio de 2012. O secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro; o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Diego Calvo; e o alcalde do Concello de A Pobra, Isaac Maceiras, inauguraron nesta localidade a exposición Crónica da Monarquía Española no Século XX, organizada polo Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia coincidindo co 50 aniversario da voda das Súas Maxestades os Reis Don Juan Carlos e Dona Sofía. Como é sabido, non houbo ningunha celebración por parte da Zarzuela, debido aos permanentes líos en que se mete a Coroa, entre xenros presuntos desfalcadores, netos menores que empregan armas en presenza de seu pai e Juan Carlos I, que se vai cazar elefantes a África en momentos moi oportunos e parte dos xornalistas antes afíns (Zarzalejos) desvelan que ten unha amante.
Unha exposición de xornais, revistas e fotosA mostra, instalada na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler ata o vindeiro día 31, está formada por xornais de diversas cabeceiras e plantexa unha viaxe no tempo polos momentos históricos que marcaron o rumbo da Monarquía en España: dende a coroación do Rei Alfonso XIII en 1902 ata a morte de Don Juan de Borbón en 1993, pasando pola proclamación da Segunda República, a Guerra Civil, a Dictadura, a transición á Democracia, a intentona golpista do 23F, etc. A exposición xa estivo antes en Boiro, ao pouco de tomar posesión como alcalde o conservador Juan José Dieste. As revistas teñen tamén un destacado protagonismo na mostra. Unha das estrelas é o exemplar da revista Hola adicado á voda dos actuais monarcas, un medio que tamén apoia sen fendas a esta monarquía que reinstaurou o ditador ferrolán Francisco Franco e á que se lle deu seguidismo na Constitución postfranquista. No acto inaugural, ó que asistiron tamén varios alcaldes, concelleiros e concelleiras da comarca do Barbanza, a inmensa maioría do PP, o presidente do Club Exxpopress, Suso Souto, amosou dous dos xornais máis curiosos da mostra. Trátase dun exemplar do diario ABC do día 13 de maio de 1935, que presenta unha portada en branco na que só se pode ler “Este número está visado por la censura”. Souto explicou que ABC respondeu con esta portada á prohibición do goberno da República para que non se publicara nela a foto da voda de Don Juan de Borbón e dona María de las Mercedes, celebrada o día anterior en Roma. Asemade, amosou o exemplar do día seguinte (14 de maio de 1935), no que a portada recolle xa a foto do enlace, toda vez que ABC acadara o seu obxectivo de deixar en evidencia a escandalosa prohibición do goberno, que se veu obrigado a permitila. Souto sinalou tamén que “tal día coma hoxe, fai 35 anos, Don Juan de Borbón renunciaba no Palacio de la Zarzuela ós seus dereitos dinásticos en favor do seu fillo Don Juan Carlos, actual rei de España”. Como non estivemos alí os de Certo, ignoramos se lembrou que foi unha imposición do ditador daquela época, pois non doutro xeito voltaría a monarquía a este país. Outro dos exemplares máis valiosos da mostra é unha publicación de 1927 editada en Arxentina con motivo das Vodas de Prata do reinado de Alfonso XIII e que se presenta en follas soltas para que o público poida ver as numerosas fotografías que inclúe. Case corenta vídeos históricosNo centro da sala proxéctanse nunha plantalla de plasma 38 vídeos históricos relacionados ca Monarquía española. A colección fai asemade un repaso ós acontecementos máis importantes vividos polos membros da Familia Real, como a voda de Don Juan de Borbón e Dona María de las Mercedes en 1935; o enterro de Alfonso XIII en 1941; a voda de Don Juan Carlos e Dona Sofía en 1962; o bautizo do Príncipe Felipe en 1968; o nomeamento de Don Juan Carlos como sucesor na Xefatura do Estado en 1969; a súa proclamación como Rei de España en 1975, etc. A montaxe da mostra compleméntase con fotos de gran tamaño de Alfonso XIII, Don Juan de Borbón, Don Juan Carlos I e o Príncipe Felipe, así como xornais que recollen nas súas portadas acontecementos históricos tan relevantes como o lanzamento do primeiro cosmonauta ó espazo (Yuri Gagarin), a celebración do Concilio Vaticano II, os asasinatos de Kennedy e Martin Luther King ou a chegada do home á Lúa. Que é ExxpopressO Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia é un colectivo creado e promovido por xornalistas de prensa, radio e televisión, pero aberto a toda a sociedade, sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico. Entre os seus socios de honra figura o xornalista Fernando Ónega. Certo non pertence a este colectivo. O obxectivo do club é a organización de actividades de promoción e dinamización do turismo, a cultura e a empresa de Galicia, implicando nelas a empresas, administracións, colectivos e xornalistas.

El Pleno del municipio catalán de Berga declara persona non grata a Juan Carlos de Borbón jornada.unam.mx/2012/05/05/mun…
— Pascual Serrano (@pascual_serrano) May 5, 2012
¡Nos encanta el olor a Borbón cabreado por la mañana!
— El Jueves (@eljueves) May 11, 2012
Bos días! Biblioteca Dixital da Galeguidade. 12 obras de balde. En galego só tres. Dirixida á diáspora? Consúltena en emigracion.xunta.es/e-biblioteca
— Certo (@Certo) May 15, 2012
La prensa orgánica vende miedo en sus portadas, ninguneando al 15-M: son tigres de papel. A trabajar, a construir esperanza. #Feliz15M
— Bufet Almeida (@bufetalmeida) May 14, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario