29.5.12

Ribeira: os do obradoiro de galego "As nosas historias" visitaron a sala museo local

[[posterous-content:pid___0]]

Ribeira, 29 de maio de 2012.- Con motivo da finalización da actividade de dinamización lingüística “As nosas historias” (unha actividade promovida pola colaboración xurdida o Servizo de Normalización Lingüística e a Consellería de Servizos Sociais) unha quincena de persoas maiores que están a participar neste obradoiro de galego para persoas xubiladas e pensionistas tiveron oportunidade de visitar esta mañá a Sala Museo Municipal.  Alí foron coñecendo as distintas coleccións albergadas nesta instalación municipal, da man da dinamizadora do Museo, Pilar Casas. Tamén asistiron á cita a concelleira de Educación, Mª Carmen Vizcaya, e a responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Alicia Padín.

Revivir recordos

As persoas asistentes á actividade “As nosas historias” tiveron ocasión de revivir os seus recordos e as historias que a literatura oral foi deixando no acervo cultural de Ribeira. Neste repaso pola nosa intrahistoria o labor do seminario estriba en promover o interese por recoller o patrimonio oral e poñelo en valor cos seus depositarios, as persoas con maior experiencia vital.

O seminario axudou á mellora das habilidades comunicativas dos asistentes, e incorporou seguridade na fala e na escrita en lingua galega de persoas xubiladas ou pensionistas, un sector de poboación que non tivo oportunidade, no seu período de formación xuvenil, de obter formación regrada en lingua galega.

 Realizouse unha sesión semanal de 60 minutos, que se desenvolveu os martes de 11.00 a 12.00 horas durante os meses de marzo, abril e maio de 2012, nas dependencias do Conservatorio Municipal, Miguel Rodríguez Bautista, nº 21.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical