Ribeira, 14 de xuño de 2012.- O local da confraría de pescadores de Aguiño deu cabida esta mañá ao acto de clausura do Obradoiro de Reforzo Educativo: unha acción incardinada dentro do Programa para a Dinamización dos nosos Maiores do Concello que estivo a ter lugar no presente curso escolar nas parroquias de Aguiño, Oleiros, Palmeira e Ribeira, recabando a participación dunhas cincuenta persoas maiores de 65 anos, principalmente mulleres.
O concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Social, Vicente Mariño de Bricio, foi o encargado de presidir este acto, no que unha representación dos asistentes ao taller expuxeron un traballo de fin de curso en torno á embarcación tradicional da dorna.
A actividade tivo lugar en coordinación do persoal do grupo de voluntariado social, cuxas integrantes María Gago e Cruz Rivadulla impartiron as correspondentes clases.
Esta actividade xurdiu por primeira vez no ano 2004. Neste último curso se levou a cabo, de xuño a setembro, unha clase semanal de 80 minutos nas Aulas do Concello da rúa Cristóbal Colón, Casa do Mar de Palmeira, Confraría de Aguiño e Colexio a Milagrosa de Oleiros.
Os maiores asistentes puideron revivir os seus recordos e as historias que a literatura oral foi deixando no acervo cultural de Ribeira, ao tempo que se lles axudou a mellorar as habilidades comunicativas dos asistentes e incorporar a seguridade na fala e na escrita en lingua castelá e galega, cálculo e outras materias.
Os obxectivos polos que foi concibida a acción son:
Impulsar a participación comunitaria e a integración social do colectivo da terceira idade.
Fomentar o emprego do tempo libre na aprendizaxe e a cultura.
Fomentar a saúde e a calidade de vida das persoas maiores.
Fomentar as relacións interpersoais; aumentar a cantidade e calidade das relacións interpersoais, proporcionar ferramentas para resolver os conflitos, motivar as persoas menos participativas, integrándoas en actividades diversas e procesos grupais gratificantes.
Dar formación básica a aquelas persoas con inquietudes de aprender e recordar o aprendido.
Ribeira: medio cento de veciños foron comprobar o funcionamento de Sogama a Cerceda post.ly/7lCsi
— Certo (@Certo) June 13, 2012
Vergoña lles debería dar ós Partidos da Oposición non ter esta iniciativa de #RatoEncerrado e PARABÉNS ó 15M!!!
— Carmen Carballo (@carmenpcarballo) June 14, 2012
O único que vale é contabilizar as visitas de escolares para garantir a vindeira subvención. Xurxo Ayán, moi clariño enneixon.blogspot.com.es/2012/06/that-b…
— Certo (@Certo) June 14, 2012
Manuel Venator fálanos hoxe de Visionarios. E non ten que ver cos que prediciron o resgate español nin coa maga Lola certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) June 14, 2012
En Uganda el Presidente da ruedas de prensa.
— Egocrata (@Egocrata) June 13, 2012
Cun par: @ppdegalicia : [vídeo] Feijóo: 'Seguiremos traballando para manter unha entidade solvente en Galicia' ow.ly/byIpl"
— Carlos Vázquez Padín (@carlosvpadin) June 13, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario