9.6.12

Ribeira: o buque "Irmáns García Nodal" celebrou portas abertas polo Día dos Océanos

 

Ribeira, 9 de xuño de 2012.- Ribeira foi un dos lugares escollidos pola Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia para conmemorar o Día Internacional dos Océanos. Con tal motivo, no peirao comercial do Porto de Santa Uxía  celebrouse onte venres unha xornada de portas abertas no buque “Irmáns García Nodal”.

 

Esta embarcación do Servizo de Gardacostas ten 41 metros de eslora, 9,30 de manga e 5.500 cabalos de potencia. Foi construído en Marín en 2005 e, segundo indica o seu capitán Saúl Amado Tajes, dedícase aos labores de vixilancia, salvamento e contaminación no litoral.

 

Ademais de convidar á toda a veciñanza que desexe coñecer o barco, programáronse unha serie de visitas escolares co obxecto de sensibilizar á poboación acerca da importancia de coidar o medio ambiente dende a máis temprana idade.

 

Para cortar a cinta que deu inicio á xornada personáronse no peirao o alcalde Manuel Ruiz e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo. Esta última quixo resaltar a importancia que ten o desenvolvemento deste tipo de actos para concienciar á sociedade sobre o valor dos océanos e do que se está a facer para a súa protección e coidado. Pola súa parte, o rexedor municipal agradeceu á Consellería que pensase en Ribeira para realizar este acto e puxo en valor esta actividade de coñecemento, idónea para reflexionar sobre a importancia de coidar o entorno nun municipio que conta cun parque natural e un parque nacional.


Pode que lle interese:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical