5.7.12

Boiro: así vén a programación cultural desta fin de semana

Boiro_abandono_too_vila



Venres 6 de xullo. 21:00h
Inauguración da exposición fotográfica de Toño Vila 
Centro Social de Boiro

Sábado 7 de xullo. 21:30h
Clausura e entrega do premio da XI Bienal de Pintura "José Luis Fernández"
Centro Cultural e Deportivo de Boiro (rúa Severo Ochoa 5)

A obra premiada, baixo o título “Entón, os días, afogados polo artificio, pasan como un pequeño banco de peixes que se xuntan ante un perigo”, pertence á autora boirense PAOLA GARCÍA PAZ. Tamén se conceden dúas mencións honoríficas ás obras “Troncos no río”, de BEGOÑA OUVIÑA SAMPEDRO, e “Porto de Ribeira”, de CARLOS TRIÑANES BUCETA.

Domingo 8 de xullo. 22:00h
Presentación do libro "Alento nas Costas"
Monólogo de Carlos Blanco
Pousada das ánimas. Boiro

Luns 9 de xullo. De 9a 11 e 11 a 13
Cursos intensivos de alemán
Centro Social. 4º Andar. Boiro

Prazas libres


No mes de xullo a aula CEMIT organiza un curso de manexo de Skype(Comunicación por internet e videochamadas) no que quedan 6 prazas libres.

Datas: 10,12,17 e 19 de xullo
Horario: 10 a 11h
Lugar: Aula CEMIT(Centro Social de Boiro)
Prezo: Gratuíto
Inscricións: Centro Social de Boiro/981842635

Fotos das festas de Boiro deste ano

O Concello ten no seu web unha ligazón a un álbum cunha galería de fotos. Aquí



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical