Peto de ánimas restaurado
Detalle de fiestra interior da capela, con policromías
Capitel románico interior da capela de San Antón Logo dunha entrevista mantida o mes de setembro do pasado ano co Vicario Xeral da Curia, o Arcebispado de Santiago de Compostela, otorgou autorización ao Concello para a apertura do citado recinto, a fin de que o mesmo fose susceptible de ser visitado.
A capela de San Antón, de estilo románico, data dos séculos XI-XII, con canzorros, arco e columnas de entrada ao primitivo presbiterio e bóveda de canón, aínda que tamén conta con engadidos moi posteriores, como a torre campanario, pináculos rematados con bolas, porta e ventá adinteladas na fachada oeste. Presenta planta rectangular e cuberta a dúas augas, sendo todo o conxunto de fábrica de cantería.
Canzorro da capela de San Antón
Canzorros situados na fachada da mesma capelaNa parte exterior do recinto, e incorporado ao muro perimetral de peche tamén destaca o peto de ánimas. Trátase dunha construción de pedra de máis de tres metros de alto por dous de ancho. Consta dunha mesa de altar, rectangular e con molduras. A parte superior está formada por unha gran fornela, adaptada ao arco de medio punto sobre esteos na que había unha representación pictórica das almas do purgatorio. A súa construción pode datar de finais do século XIX ou principios do XX. Compromiso veciñal
A comunidade veciñal de Santa Cristina de Barro, representada pola súa Asociación de Veciños, levaba anos demandando a posibilidade de que o recinto (onde non se producen enterramentos desde o ano 1961, data de apertura do novo cemiterio) puidese estar aberto de xeito permanente para uso e disfrute de veciños e visitantes, cuestión á que agora se chega co compromiso, por parte dos mesmos, de atender á apertura e peche do recinto todos os días do ano. Pode que tamén lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario