- Prazo ata o 19 de abril de 2013
As fotografías ou series poderán ser en cor ou en branco e negro, cun tamaño mínimo de 24 x 30 cm. Tódalas fotografías irán presentadas en superficie ríxida (cartolina, non) en tamaño 50 x 60 cm. Ó dorso de cada fotografía figurará exclusivamente o lema da obra, lugar e ano no que se tomou a fotografía. Con tódalas obras adxuntarase un sobre pechado no exterior do cal aparecerá soamente o alcume do autor e no seu interior indicaranse os seguintes datos: nome e apelidos do autor, título das obras, explicación da técnica utilizada, enderezo e número de teléfono.
Prazo: as obras serán remitidas ou presentadas nas oficinas do Concello (rúa Atalaia, s/n, 15970, Porto do Son) antes do día 19 de abril de 2013.
Premios:
O primeiro premio: 601,01 € e un diploma conmemorativo.
O segundo premio: 300,51 € e un diploma conmemorativo.
O terceiro premio: 150,25 € e un diploma conmemorativo.
O xurado poderá conceder tres accésit de 60,01 €, se a calidade das fotografías así o requiriran.
Máis información no BOP da Coruña do 5 de xullo de 2012 e na OMIX de Porto do Son, teléfono 981 867 414
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario