- Unha das instalacións simula por onde estaría asolagada Ribeira no caso de que toda Grenlandia perdese o xeo e subiran os mares sete metros
Ribeira, 27 de xullo de 2012.- O escultor Gonzalo Sarasquete, a asociación de personas con diversidade funcional Ámbar e o biólogo Ignacio Munilla tiveron ocasión de ofrecer este mediodía a dobre actividade “O Efecto Groenlandia” e “A Sombra da Marea”, dúas propostas que teñen por obxecto sensibilizar á poboación sobre as consecuencias do quecemento global e o aumento continuado do nivel do mar.
O evento iniciouse coa intervención-happening "A Sombra da Marea", que pretendeu simbolizar unha liña de marea marcada polo refugallo que a humanidade bota aos océanos, refugallo recolleito con anterioridade polos propios usuarios da asociación Ambar.
A continuación os asistentes ao acontecemento desprazáronse ata a Oficina do Celador de Obras do Porto de Ribeira, no Malecón, para descubrir a instalación "O Efecto Grenlandia", que ficará instalada durante o verán na parede desta edificación e consta dunha escala de mareas e elementos escultóricos inspirados na fauna de invertebrados da banda intermareal. A súa finalidade, segundo propósito do seu autor Gonzalo Sarasquete, estriba en marcar onde chegaría a marea se os océanos subiran 7 metros, que é a elevación prevista se o xeo de Grenlandia se fundise.
Os concelleiros municipais Vicente Mariño, Elvira Pisos e Anxo Orellán estiveron presentes na actividade no nome do Concello de Ribeira, que colaborou na súa posta en marcha.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario