24.7.12

Ribeira: balizan a praia Castro-Catía en Aguiño coa fin de mellorar a seguridade no seu uso

  • Así o solicitaban veciños da zona
  • Deste xeito delimítase o paso de vehículos mariños para que non colidan con mergulladores ou bañistas
Media_httpfarm4static_jpjcf

O areal é lindeiro entre as parroquias de Aguiño e Castiñeiras

 

Riveira.- 24 de xullo de 2012.- O Concello vén de balizar a praia de Castro-Catía –que se estende polas parroquias de Castiñeiras e Aguiño- co obxectivo de delimitar a área de baño así como de poder dirixir o paso de vehículos mariños, como lanchas e motos acuáticas tanto en dirección á costa como no sentido contrario, circulando por zonas específicas.

 

Instaláronse un total de 40 balizas e establecéronse dúas entradas de acceso ao longo do areal, dando así resposta a unha ampla demanda dos veciños e usuarios do entorno que suxerían a posibilidade desta actuación.

 

Esta experiencia novidosa no perímetro litoral do municipio permitirá afianzar a seguridade da xente que se encontre na auga, e moi especialmente a dos mergulladores.



25 de xullo: en Aguiño, Campionato Galego de Traíñas


27 de xullo: comeza o bus turístico a funcionar


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical