24.7.12

Política: Compromiso por Galicia xulgou como "un retroceso" os case catro anos do goberno Feijóo na comarca

Rolda

Noia, 24 de xullo de 2012. A nova formación Compromiso por Galicia, resultado de simpatizantes e edís nacionalistas que se foron do Bng, deron unha rolda de prensa para xulgar o feito ata agora polo goberno Feijóo a nivel xeral en Galicia e, en concreto, nas bisbarras de Muros e Noia.

Feijóo ía rematar coa crise en 45 días

En primeiro lugar Manuel Gónzalez (membro da Executiva Nacional) fixo unha valoración da situación política xeral. Recalcou a afirmación de Nuñez Feijóo que reiterou ao longo da campaña electoral das autonómicas do 2009, na que aseguraba que se el gobernaba remataría coa crise en 45 días. “Moi lonxe de saír da crise, en tres anos e medio o goberno Feijoo tradúcese nun aumento dun 7% do paro”, explicou Manuel González, que argumentou que "os servizos básicos que ofrece a Xunta son peores que hai 3 anos", e puxo por exemplo o re-pago de medicamentos, as longas lista de agarda, a liquidación da gratuidade dos libros, a suba do IVE do material escolar e o encarecemento das taxas da universidade. Tamén criticou a desaparición das axudas á dependencia. Logo da valoración negativa da xestión do Partido Popular, González fixo fincapé en que "estes recortes que está levando a cabo o Partido Popular non son inocentes senón que teñen o obxectivo de desmantelar o Estado do Benestar e centralizar o poder político”.

Logo desta intervención, foi a quenda de Lola Caramés, secretaria comarcal de Compromiso por Galicia, a cal se centrou en temas moi concretos desta comarca. Comezou a súa intervención recordando o incremento dun 20% no paro nas Comarcas do Barbanza e Muros-Noia. “Agora mesmo hai 532 parados máis na Comarca de Muros-Noia e 1118 na no Barbanza o que se traduce nun incremento na primeira dun 14,2% e un 23% na segunda”. Ademais criticou o esquecemento dos investimentos que xa estaban orzamentads na comarca no goberno bipartito e que non se levaron a cabo neste novo goberno. “ Exemplos destes investimentos son, en Noia a escola infantil ou o arranxo do Coliseo Noela, en Muros tamén a escola infantil e o centro de día. En Outes quedou no esquecemento o Centro para persoas con discapacidade dual, ademais en Lousame está no aire a conexión deste Concello co corredor Noia-Brión que prometera o goberno Feijóo”.

Máis Ive para o luxo e supresión das deputacións

Aproveitou a súa intervención para solicitarlle ao alcalde de Outes, Carlos Crespo, que non se esqueza do Centro para persoas con discapacidade dual previsto que estaba previsto instalar en Ceilán. Segundo Lola Caramés, "estas medidas tradúcense nun retroceso nos dereitos básicos como a educación, en sanidade e na Seguridade Social”. Suxeriron tamén as medidas polas que aposta Compromiso X Galicia: a creación dun IVE para produtos de luxo nun 33% e a eliminación das deputacións o que implica un aforro en gasto corrente de 600 millóns de euros só en Galicia. Compromiso propón tamén a posibilidade dun imposto sobre as grandes fortunas entre outras medidas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical