Ribeira.- 24 de xullo de 2012.- Grazas á Ximcana Bioambiental e de Enerxías Renovables, os nenos e nenas dos obradoiros do Verán Cultural coñecerán este xoves o que son as enerxías renovables, a importancia da reciclaxe para a natureza e o coidado das sementes para que dean froito. A xornada estará chea de xogos ao ar libre, xa que a mellor forma de aprender é divertíndose.Ribeira: o venres 27 de xullo preséntase "O efecto Grenlandia", escultura para reflexionar sobre o cambio climático post.ly/8PyoL
— Certo (@Certo) July 24, 2012
A iniciativa, impulsada pola Concellería de Cultura, comezará entre as 11.00h e 11.30h, tras un pequeno almorzo, e dividirase en 5 estacións.
1ª estación: A RECICLAXE. Faranse xogos de reciclaxes, coa explicación precedente e canción acorde ao tema.
2ª estación: RELEVOS PIN-PON. Xogo de aire, que ten como fin entender o funcionamento da enerxía eólica.
3ª estación: PLACAS SOLARES. Xogarase á pita sol, para explicar o funcionamento da enerxía solar.
4ª estación: TERRA, MAR e AIRE. Explícase neste xogo, todo o que implica a enerxía e porque é imprescindible para a vida.
5ª estación: A AUGA. Xogo con paracaídas simulando o mar, que da enerxía para por en marcha un xogo de forza e resistencia.
En cada actividade, rotarán todos os grupos de idade, e cantarase unha canción axeitada a cada tema. Serán cancións en galego, respectando as claves da campaña do Servizo Galego de Normalización Lingüística "O Galego Campa 2012".
Por último, farase no patio de atrás de Frións unha plantación de pipas de xirasol, para concienciar aos rapaces da importancia do respecto a natureza e que vexan como, coa a axuda das enerxías que se explicaron ao longo da mañá, pode chegar a crecer unha planta.
Cada estación, aproximadamente, durará entre 5 e 7 minutos, co fin de ter todo rematado antes das 13.00h. Participarán os 150 nenos e nenas de 2 a 7 anos do obradoiro Xoga con Nós de Ribeira e os 30 de 3 a 7 anos de Verán Rechinán de Aguiño.
Las energías renovables podrían perder 111.000 empleos por la reforma energética ow.ly/cqBzJ La energía eólica supondrá el 16,7% del consumo eléctrico del planeta en 2017: #energiasalternativas ecoticias.com/energias-renov… vía @ecoticiasRED Galicia rectifica y da más dinero para calderas de #biomasa cort.as/2GId #biomass
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario